Alta no Padrón Municipal de Habitantes

O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e o enderezo dos veciños do municipio para todos os efectos administrativos.

A quen está dirixido

Toda persoa que viva en España ten a obriga de inscribirse no padrón do municipio onde reside habitualmente.

Este trámite vai dirixido a persoas que viven en España procedentes doutro municipio ou país e persoas que non estivesen empadroadas con anterioridade.

Como facelo

Por Internet

Para poder rexistrar documentos no Rexistro Xeral a través de Internet coa mesma validez que presencialmente hai que estar rexistrado previamente na Carpeta do Cidadán.

No caso de querer achegar documentación asinada, debe ter en conta que, para a presentación telemática, só terá validez a documentación asinada electrónicamente e non a documentación escaneada asinada a man.




Presencialmente

1. Cumprimentar a Folla de Inscrición / Modificación do Padrón de Habitantes (Disponíbel nesta páxina e na oficina de Estadística do Concello).

2. Entregala no Concello coa documentación requerida.

INSTRUCIÓNS PARA CUMPRIMENTAR A FOLLA DE INSCRICIÓN:

- Escriba con pluma ou bolígrafo e en letras maiúsculas. Indique con claridade tódos os datos que corresponden a cada unha das persoas que se inscriben na folla.

- Non encher os recadros sombreados.

- Se se trata da inscrición dunha persoa que non estivera empadroada con anterioridade en ningún municipio indique no recadro do municipio de procedencia: NINGÚN. Do mesmo xeito cumprimentarase este recadro para a inscrición de nenos acabados de nacer.

- Se solicita a inscrición por traslado de residencia, indique no recadro correspondente o municipio e a provincia de procedencia. Se procede do estranxeiro indique o país e, se é o caso, o Consulado español onde estaba inscrito.

- A folla cumprimentada será asinada por todos os maiores de idade que se inscriban (polos menores asinan a nai e o pai ou titores legais). Se se incorporan novos habitantes a un grupo familiar xa empadroado, amáis terá que asinar a autorización das novas inscricións a persoa, maior de idade, que dispoña dalgún título que acredite a posesión da vivenda (escritura de propiedade, contrato de aluguer). (Recadro persoa que autoriza).

- Encha o recadro "Número total de persoas inscritas nesta folla", para garantir a inalterabilidade dos espacios que puidesen quedar en branco.

- Se ten algunha dúbida seralle resolta no teléfono 986 810 132 ou no correo ofi.estatistica@vigo.org

Documentación requirida

    • Folla de Inscrición ou Modificación no Padrón Municipal
    • Documento que acredite a identidade das persoas inscritas
      (Traer o documento ORIXINAL) e, se é o caso, da persoa que autoriza novas inscricións nunha folla xa existente: - Cidadáns membros da Unión Europea ou países asimilados, o número de inscripción no Rexistro Central de Estranxeiros, máis o DNI do seu país ou o Pasaporte. - D.N.I. (imprescindíbel maiores de 14 anos) - Pasaporte - Tarxeta de estranxeiro - Libro de familia para os menores. - Para os menores procedentes do estranxeiro que no seu pasaporte non figuren os nomes dos pais, terán que aportar unha partida de nacemento ou libro de familia do seu país. - Todos os documentos de identidade terán que estar en vigor.
    • Documento que acredite a ocupación da vivenda
      Traer o documento ORIXINAL. Escritura da propiedade, contrato de arrendamento en vigor e último recibo pago, contrato ou factura actual expedido pola Compañía subministradora de teléfono, auga,gas, electricidade, etc.
    • Baixa Consular
      Traer o documento ORIXINAL Para españois procedentes do extranxeiro.

Observacións

- Os que vivan en máis dun municipio inscribiranse no que residan durante máis tempo ó ano.

- O veciño ten dereito a coñecer a información que consta no Padrón sobre a súa persoa e a esixir a súa rectificación cando sexa errónea ou incorrecta.

- A presentación da folla de inscrición / modificación cumprimentada no Concello implica a súa conformidade para actualizar o Censo Electoral en consonancia cos datos reflectidos nela.

Oficinas

  • Estatística - Vivendas Concello de Vigo
    Planta Baixa - Praza do Rei nº1
    36202 - Vigo
    Teléfono: 986 810 132

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información