O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e o enderezo dos veciños do municipio para todos os efectos administrativos.
Toda persoa que viva en España ten a obriga de inscribirse no padrón do municipio onde reside habitualmente.
Este trámite vai dirixido a persoas que viven en España procedentes doutro municipio ou país e persoas que non estivesen empadroadas con anterioridade.
Para poder rexistrar documentos no Rexistro Xeral a través de Internet coa mesma validez que presencialmente hai que estar rexistrado previamente na Carpeta do Cidadán.
No caso de querer achegar documentación asinada, debe ter en conta que, para a presentación telemática, só terá validez a documentación asinada electrónicamente e non a documentación escaneada asinada a man.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
1. Cumprimentar a Folla de Inscrición / Modificación do Padrón de Habitantes (Disponíbel nesta páxina e na oficina de Estadística do Concello).
2. Entregala no Concello coa documentación requerida.
INSTRUCIÓNS PARA CUMPRIMENTAR A FOLLA DE INSCRICIÓN:
- Escriba con pluma ou bolígrafo e en letras maiúsculas. Indique con claridade tódos os datos que corresponden a cada unha das persoas que se inscriben na folla.
- Non encher os recadros sombreados.
- Se se trata da inscrición dunha persoa que non estivera empadroada con anterioridade en ningún municipio indique no recadro do municipio de procedencia: NINGÚN. Do mesmo xeito cumprimentarase este recadro para a inscrición de nenos acabados de nacer.
- Se solicita a inscrición por traslado de residencia, indique no recadro correspondente o municipio e a provincia de procedencia. Se procede do estranxeiro indique o país e, se é o caso, o Consulado español onde estaba inscrito.
- A folla cumprimentada será asinada por todos os maiores de idade que se inscriban (polos menores asinan a nai e o pai ou titores legais). Se se incorporan novos habitantes a un grupo familiar xa empadroado, amáis terá que asinar a autorización das novas inscricións a persoa, maior de idade, que dispoña dalgún título que acredite a posesión da vivenda (escritura de propiedade, contrato de aluguer). (Recadro persoa que autoriza).
- Encha o recadro "Número total de persoas inscritas nesta folla", para garantir a inalterabilidade dos espacios que puidesen quedar en branco.
- Se ten algunha dúbida seralle resolta no teléfono 986 810 132 ou no correo ofi.estatistica@vigo.org
- Os que vivan en máis dun municipio inscribiranse no que residan durante máis tempo ó ano.
- O veciño ten dereito a coñecer a información que consta no Padrón sobre a súa persoa e a esixir a súa rectificación cando sexa errónea ou incorrecta.
- A presentación da folla de inscrición / modificación cumprimentada no Concello implica a súa conformidade para actualizar o Censo Electoral en consonancia cos datos reflectidos nela.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).