Escudo Concello de Vigo

Forma de Presentación das Facturas no Concello de Vigo

Todo acto de recoñecemento e liquidación da obriga basearase en documento ou documentos que acrediten o dereito de terceiro-acredor ao correspondente pago, deberá estar unido aquel ou aqueles ao expediente que se tramite para o efecto, considerándose como xustificativos, entre outros, as facturas de provedores.

Como facelo

As facturas, a presentar no Concello de Vigo, deberán conter os seguintes datos:

a) Identificación do expedidor, e particularmente o NIF ou CIF.

b) Servizo ou dependencia municipal que efectuou o encargo.

c) Número de factura.

d) Data da súa expedición.

e) Traballos ou subministracións que se facturan.

f) Prezo unitario ou total, en todo caso, coa descomposición dos servizos e prezos.

g) Impostos que procedan, con indicación do tipo de gravame e a cota resultante.

h) No caso de coñecelo, número de expediente.

Por Internet


Ademais do contido obrigatorio, arriba mencionado, a factura deberá ir asinada electrónicamente. As facturas electrónicas remitidas a Concello de Vigo deberán enviarse a través da plataforma do estado FACE







Presencialmente

Neste caso a factura a presentar debe ser orixinal.


Oficinas

  • Rexistro Xeral

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información