Escudo Concello de Vigo

Autorización de Acceso ao Casco Histórico para Residente Usuario de Vehículo de Empresa coa que Mantén Relación Laboral Contractual

Os residentes do Casco Vello Alto para poder circular con seus vehículos polas rúas Cruz Verde, Ferrería, San Sebastián, Subida ao Castelo, Herba, Praza de Arguelles e a rúa de Santiago, deberán obter autorización municipal (distintivo e máis tarxeta magnética intelixente), previa solicitude do interesado nas oficinas administrativas da Policía Local, achegando a documentación que se indica nos apartados seguintes.

A autorización de acceso da dereito a entrar e circular na zona afectada polo sistema de control e tamén a estacionar o vehículo por tempo non superior a cinco minutos.

A quen está dirixido

Persoas empadroadas no Casco Vello de Vigo e que se atopen ao corrente de todo tipo de obrigas tributarias.

O residente que dispoña dun vehículo cedido pola súa empresa, para obter autorización municipal, non pode dispoñer de vehículo en propiedade.

Como facelo

A documentación a achegar é a mesma tanto se realiza a solicitude por primeira vez como se é unha renovación.

Presencialmente

Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e presentalo, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello.

Por correo

Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e enviarlo, xunto coa documentación requirida ao Rexistro Xeral do Concello..

Sancións

Os titulares de autorizacións están obrigados a comunicar ao Concello de Vigo, no prazo máximo de quince días hábiles, calquera modificación respecto á titularidade do vehículo, residencia do propietario e demais datos e circunstancias tidas en conta na concesión da autorización. De non se comunicar as modificacións operadas, o Concelleiro Delegado poderá denegar a súa renovación por un período máximo de tres anos.

Documentación requirida

    • Solicitude para autorización de acceso ao casco histórico - vehículo de empresa
    • DNI
    • Permiso de Conducir
    • Documento acreditativo estendido pola empresa
      no que se acredite que o solicitante é o único e exclusivo usuario do vehículo, que está autorizado para dispoñer do mesmo fora da súa xornada laboral, e que o uso do vehículo tributa como retribución en especie a efectos da declaración da renda das persoas físicas.
    • Póliza de Seguro del Vehículo
      Debendo constar o interesado como condutor habitual e mais xustificante do pagamento da prima do período do seguro en curso.

Observacións

Se se produce un cambio de vehículo deberá realizar novamente a solicitude coa documentación pertinente.

Datos a comprobar pola administración:

1. O vehículo deberá de estar dado de alta no padrón do imposto municipal de vehículos e ao corrente dos seus pagamentos.

2. O interesado deberá estar empadroado na zona na que solicita o acceso

Oficinas

  • Rexistro Xeral

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información