Autorización de Acceso ao Casco Histórico en Caso de Necesidades Especiais

Terán dereito de acceso, previa autorización, ao Casco Vello Alto para poder circular con seus vehículos polas rúas Cruz Verde, Ferrería, San Sebastián, Subida ao Castelo, Herba, Praza de Arguelles e a rúa de Santiago, aquelas persoas que pretendan axudar as persoas de avanzada edade ou con condicionantes de mobilidade que residindo na zona afectada precisen ser recollidas ou trasladadas mediante un vehículo, e non se atopen en ningún dos supostos anteriormente regulamentados.

A autorización de acceso da dereito a entrar e circular na zona afectada polo sistema de control e tamén a estacionar o vehículo por tempo non superior a cinco minutos.

A quen está dirixido

Persoas empadroadas no Casco Vello de Vigo e de avanzada edade ou con condicionantes de mobilidade que residindo na zona afectada precisen ser recollidas ou trasladadas mediante un vehículo, e non se atopen en ningún dos supostos anteriormente regulamentados.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e presentalo, xunto coa documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello.

Por correo

Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e envialo, xunto coa documentación requirida ao Rexistro do Xeral Concello..

Sancións

Os titulares de autorizacións están obrigados a comunicar ao Concello de Vigo, no prazo máximo de quince días hábiles, calquera modificación respecto á titularidade do vehículo, residencia do propietario e demais datos e circunstancias tidas en conta na concesión da autorización. De non se comunicar as modificacións operadas, o Concelleiro Delegado poderá denegar a súa renovación por un período máximo de tres anos.

Documentación requirida

Observacións

Se se produce un cambio de vehículo deberá realizar novamente a solicitude coa documentación pertinente.

Datos a comprobar pola administración:

1. O interesado deberá estar empadroado na zona na que solicita o acceso

Oficinas

  • Rexistro Xeral Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información