Escudo Concello de Vigo

OB-003 Licenza de Obras de Reforma e Consolidación

As obras de reforma e consolidación abranguen os seguintes tipos de obra:

Obras de reestructuración puntual: son aquelas obras, nunha edificación existente, nas que se realicen pequenas modificacións estruturais para posibilitar:

1. Cambios na distribución mediante a apertura puntual de ocos de paso en muros.

2. A adecuación á normativa contra incendios ou á de accesibilidade e supresión de barreiras mediante a construción de pasos, ramplas, escaleiras e vías de evacuación.

3. O cumprimento da normativa contra incendios mediante a construción de pasos e vías de evacuación.

4. A instalación de ascensores e construción de escaleiras privadas de comunicación entre pisos

5. Substitución parcial de forxados, podendo introducirse modificacións de nivel en zonas localizadas.

Obras de consolidación: son aquelas que teñen por obxecto o afianzamento, reforzo ou substitución de elementos danados para asegurar a estabilidade do edificio, con posibles alteracións menores da súa estrutura e distribución, sempre que non estean incluídas nas obras de reestruturación parcial ou total.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.


Como facelo

Por Internet


Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.





Presencialmente

Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co justificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
      2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
    • Comunidade de propietarios
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice a persoa administradora da comunidade, achegará o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
      Ademais acta do nomeamento da persoa presidente ou acta da reunión de propietarios na que se recolla o acordo á realización das obras.
  • Escritura pública de propiedade do terreo
    Dita escritura achegarase inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral.
  • No caso de edificacións en situación de fóra de ordenación de carácter temporal
    • Renuncia do propietario do inmoble ao incremento do valor en caso de expropiación
  • Reportaxe fotográfica da edificación
    Subscrita pola persoa solicitante e polo técnico redactor do proxecto.
  • Oficio de dirección das obras
  • Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas
  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto
      No que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • Se achega proxecto básico
    • Proxecto técnico
      Redactado por técnico competente co contido establecido no Anexo I da Parte I do Código Técnico da Edificación e no anexo I da Ordenanza de tramitación de licenzas (2 copias ) (3 copias en edificios catalogados) (1 copia presentación telemática).
  • Se achega proxecto básico e execución (ademais da documentación anterior)
    • Estudo de Seguridade e Saúde
      Segundo R.d. 1627/1997 redactado polo técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional.
    • Oficio da dirección da execución da obra (no seu caso.)
    • Estudio de xestión de residuos
      Segundo R.d. 105/2008.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n
    Teléfono: 986 810 349

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información