CP-005 Comunicación Previa para Instalación de Novos Elementos Publicitarios en Locais Comerciais
Mediante este trámite poderá realizar a comunicación previa para instalación de novos elementos publicitarios en locais comerciais ( rótulos, toldos, bandeirolas, etc), é dicir, carteis ou rótulos que sirvan para indicar a denominación social de persoas físicas ou xurídicas ou o exercicio de actividade mercantil, industrial, profesional ou de servizos a que os locais se dediquen e non teñan finalidade estritamente publicitaria. Non se inclúen outros soportes publicitarios.
A quen está dirixido
Calquera persoa física ou xurídica.
Como facelo
Por Internet
Pode realizar o pago da autoliquidación e enviar a documentación requirida de forma telemática. Deste xeito a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.
Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da lei Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica
Presencialmente
Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.
Prazos
A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.
Documentación requirida
-
Impreso de solicitude de comunicación previa de obras maiores e peches
2 copias
-
Impreso de autoliquidación da taxa correspondente
-
Nomeamento do contratista e xustificación de alta para os efectos do imposto de actividades económicas
-
Copia das restantes autorizacións
e, de ser o caso, concesións administrativas cando sexan legalmente exixibles ao solicitante, ou acreditación de terse solicitado o seu outorgamento.
-
Plano de situación e emprazamento
a escala mínima 1:2000 e 1:500 respectivamente.
-
Reportaxe fotográfica
da fachada e da zona na que se pretende instalar, subscritas pola persoa solicitante.
-
Memoria descritiva da instalación que se pretende
asinada por técnico competente, indicando materiais e acabados e planos a escala do rótulo no que se indiquen as dimensións e posición do mesmo respecto á beirarrúa, así como da fachada do edificio onde se colocará.
-
Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente
-
Fotocopia da licenza ou comunicación previa de actividade
que se desenvolve no edificio ou local.
-
Orzamento desglosado
da obra ou actuación a realizar.
-
Datos identificativos da persoa solicitante
-
Persoas físicas
DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
-
Persoas xurídicas
1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
-
Comunidade de propietarios
DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice a persoa administradora da comunidade, achegará o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
Ademais acta do nomeamento da persoa presidente ou acta da reunión de propietarios na que se recolla o acordo á realización das obras.
-
No caso de edificacións en situación de fora de ordenación de carácter temporal
-
Renuncia do propietario do inmoble ao incremento do valor en caso de expropiación
-
No caso de edificacións situadas nos ámbitos das Ordenanzas 1 e 2 do PXOM vixente
-
Memoria xustificativa
do cumprimento das condicións estéticas, co contido mínimo establecido no Anexo 2 da Ordenanza municipal de tramitación de licenzas.
Observacións
En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa.
A persoa interesada queda exenta de declarar ante o Catastro Inmobiliario os feitos, actos ou negocios con relevancia catastral derivados da presente comunicación previa, por terse acollido o Concello de Vigo ao réxime de comunicación do artigo 14.b) do Texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2004, do 5 de marzo.
Oficinas
Normativa Municipal
Trámites relacionados