Escudo Concello de Vigo

CP-005 Comunicación Previa para Construción de Peches e Valados de Parcelas e Solares

Mediante este trámite poderá realizar a comunicación previa para obras de construción de peches e valados de parcelas e solares, excepto muros de contención.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet

Pode realizar o pago da autoliquidación e enviar a documentación requirida de forma telemática. Deste xeito a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da lei Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica




Presencialmente

Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Prazos

A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.

Documentación requirida

  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
      2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
    • Comunidade de propietarios
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice a persoa administradora da comunidade, achegará o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
      Ademais acta do nomeamento da persoa presidente ou acta da reunión de propietarios na que se recolla o acordo á realización das obras.
  • Nomeamento do contratista e xustificación de alta para os efectos do imposto de actividades económicas
  • Copia das restantes autorizacións
    E, de ser o caso, concesións administrativas cando sexan legalmente exixibles ao solicitante, ou acreditación de terse solicitado o seu outorgamento.
  • No caso de edificacións en situación de fóra de ordenación de carácter temporal
    • Renuncia do propietario do inmoble ao incremento do valor en caso de expropiación
  • No caso de edificacións situadas nos ámbitos das Ordenanzas 1 e 2 do PXOM vixente
    • Memoria xustificativa
      Do cumprimento das condicións estéticas, co contido mínimo establecido no Anexo 5 da Ordenanza municipal de tramitación de licenzas.
  • Plano de situación
    A escala mínima 1:2000.
  • Plano de deslinde acoutado
    Indicando onde se pretende o peche a escala mínima 1:500.
  • Copia do Plano oficial acreditativo da acta de liña e rasante
    Se o peche linda fronte á vía pública. Que se deberá reflectir sobre un plano topográfico a escala mínima de 1:500 cos mesmos parámetros fixados polos técnicos municipais. Excepto solo urbano non consolidado e solo urbanizable sen ordenación detallada.
  • Memoria descriptiva
    Indicando os materiais, a altura e a lonxitude do peche.
  • Orzamento desglosado
    Da obra ou actuación a realizar.
  • Reportaxe fotográfica
    Do linde onde se pretende construír o peche subscrita pola persoa solicitante.

Observacións

En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n
    Teléfono: 986 810 349

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información