Escudo Concello de Vigo

CP-005 Comunicación Previa de Obras Puntuais de Reestructuración ou Consolidación

Obras de reestructuración puntual: son aquelas obras, nunha edificación existente, nas que se realicen pequenas modificacións estruturais para posibilitar:

Cambios na distribución mediante a apertura puntual de ocos de paso en muros.

A adecuación á normativa contra incendios ou á de accesibilidade e supresión de barreiras mediante a construción de pasos, ramplas, escaleiras e vías de evacuación.

O cumprimento da normativa contra incendios mediante a construción de pasos e vías de evacuación.

A instalación de ascensores e construción de escaleiras privadas de comunicación entre pisos que non afecten ao conxunto do sistema estrutural

Obras de consolidación: son aquelas que teñen por obxecto o afianzamento, reforzo ou substitución puntual de elementos danados para asegurar a estabilidade do edificio, con posibles alteracións menores da súa estrutura e distribución, sempre que non estean incluídas nas obras de reestruturación parcial ou total.

As obras de reestruturación ou consolidación que excedan o alcance da reestruturación puntual ou consolidación puntual e produzan unha variación esencial da composición xeral exterior, a volumetría, ou o conxunto do sistema estrutural, ou teñan por obxecto cambiar os usos característicos do edificio estarán suxeitas a licenza previa.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet

Pode realizar o pago da autoliquidación e enviar a documentación requirida de forma telemática. Deste xeito a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.




Presencialmente

Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Prazos

A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.

Documentación requirida

  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
      2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
    • Comunidade de propietarios
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice a persoa administradora da comunidade, achegará o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
      Ademais acta do nomeamento da persoa presidente ou acta da reunión de propietarios na que se recolla o acordo á realización das obras.
  • Nomeamento do contratista e xustificación de alta para os efectos do imposto de actividades económicas
  • Copia das restantes autorizacións
    E, de ser o caso, concesións administrativas cando sexan legalmente exixibles ao solicitante, ou acreditación de terse solicitado o seu outorgamento.
  • No caso de edificacións en situación de fóra de ordenación de carácter temporal
    • Renuncia do propietario do inmoble ao incremento do valor en caso de expropiación
  • No caso de edificacións situadas nos ámbitos das Ordenanzas 1 e 2 do PXOM vixente
    • Memoria xustificativa
      Do cumprimento das condicións estéticas, co contido mínimo establecido no Anexo 5 da Ordenanza municipal de tramitación de licenzas.
  • Proxecto técnico completo
    Redactado por técnico competente (incluído estudio de seguridade e saúde) e declaración do técnico ou técnicos facultativos que autoricen o proxecto de que este cumpre en todos os seus termos coa ordenación urbanística de aplicación.
  • Oficio de dirección das obras, dirección da obra e dirección da execución da obra.
  • Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente
    No que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • Reportaxe fotográfica

Observacións

En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Servizos da Sede Electrónica

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información