Sistema Especial de Pagamento dos Recibos Periódicos (Conta Fácil 10)

A conta fácil 10 é un sistema especial de pago que lle permite fraccionar en 10 mensualidades a totalidade dos seus recibos periódicos.

Os recibos aos que se refire o apartado anterior son os seguintes:

- Imposto sobre Bens Inmobles.

- Imposto sobre Actividades Económicas.

- Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.

- Taxa pola recollida do lixo domiciliaria.

- Exaccións Unificadas Industriais.

A quen está dirixido

Poderán acollerse ao sistema especial de pagamentos aqueles suxeitos pasivos que reúnan os seguintes requisitos:

a) Non manter co Concello de Vigo débedas en período executivo a data 31 de decembro do ano anterior ao da devindicación dos tributos fraccionados, agás que se trate de débedas ou sancións tributarias que se encontren aprazadas, fraccionadas ou cuxa execución estivese suspendida.

b) Que a suma do importe total anual da cota tributaria en período voluntario de todos os tributos sinalados no apartado primeiro sexa superior a 200 euros. O devandito importe calcularase tomando como referencia os datos do exercicio anterior ao da aplicación do sistema, incluídos os beneficios fiscais que lle correspondan.

c) O pagamento de todas as cotas mensuais deberá realizarse mediante domiciliación bancaria nunha conta aberta nunha entidade de crédito da que o obrigado ao pagamento sexa titular.

d) Figurar como suxeito pasivo do I.B.I. ou do I.A.E.

Como facelo

Por Internet

A solicitude poderá presentarse por medios telemáticos, a través da carpeta do cidadán.



Presencialmente

Pode presentar no Rexistro do Concello, sen prexuízo de poder facelo en calquera outro rexistro habilitado pola normativa vixente, o impreso de solicitude, o cal estará a súa disposición na oficina de información do Concello e nesta páxina web. No suposto de que non empregue o modelo normalizado inadmitirase a súa solicitude.

Prazos

O interesado deberá presentar a solicitude antes do 31 de decembro do exercicio anterior a aquel en que se produza a devindicación dos tributos fraccionados.

Documentación requirida

Observacións

Cotas: A Administración efectuará, en cada exercicio, unha estimación do importe da cota que o interesado debe pagar en cada fracción en función dos recibos dos tributos de cobramento periódico e notificación colectiva dos que fose titular no exercicio anterior. A dita cota recalcularase automáticamente cando se coñeza o importe a pagar en cada exercicio.

En calquera caso, para a determinación anual das cotas mensuais en exercicios sucesivos, teranse en conta as altas, baixas e as modificacións dos distintos obxectos tributarios, sen necesidade de que o interesado o solicite.

A solicitude de alta producirá os seus efectos por tempo indefinido, en tanto non sexa solicitada por escrito a baixa polo interesado, sexa rexeitada algunha das cotas pola entidade de crédito por calquera motivo, ou a Administración dispoña expresamente a súa invalidez por razóns xustificadas. Nestes casos, o sistema de pagamento pasará a ser o sistema normal, de acordo cos prazos sinalados no calendario do contribuínte.

Os interesados deberán comunicar expresamente ao servizo de Recadación Municipal calquera cambio dos datos contidos na solicitude inicial antes do 31 de decembro de cada exercicio, que producirá os seus efectos no exercicio inmediato seguinte.

Oficinas

  • Tesorería - Recaudación (Sistema de pagos) Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Planta Baixa, 36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 275

    Horario: Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información