Suspensión do acto impugnado do procedemento de recadación

Mediante este procedemento pode solicitar a suspensión do procedemento de recadación relativo ao acto recorrido:

- Suspensión automática por constitución de garantía (Recurso de reposición ou Reclamación Económico Administrativa).

- Suspensión, con dispensa total ou parcial de garantías, cando a execución do acto puidera causar prexuízos de difícil ou imposible reparación (Reclamación Económica Administrativa).

A quen está dirixido

Aos suxeitos lexitimados para recorrer unha liquidación que desexen obter, expresamente, a suspensión do procedemento de recadación da liquidación recorrida.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Debe presentar na oficina de Rexistro do Concello de Vigo o impreso normalizado xunto con toda a documentación requirida.

Prazos

Nas reclamacións económico administrativas, no suposto de concesión da suspensión solicitada deberá constituir a garantía ofrecida nun prazo de dous meses.

Documentación requirida

  • Se desexa obter a suspensión automática deberá achegar xunto á solicitude:
    • Depósito de diñeiro ou valores públicos
    • Aval ou fianza de carácter solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca
      ou certificado de seguro de caución.
    • Fianza persoal e solidaria doutros contribuíntes
      e recoñecida solvencia para os supostos que se establezan na normativa tributaria.
  • No suposto de reclamacións económico administrativas con achega de garantías distintas das que determinan a suspensión automática.
    • Xustificar a imposibilidade de achegar garantías distintas das que determinan a suspensión automática
      Ademais debe concretar a natureza e as características das garantías que se ofrecen, os bens ou dereitos sobre os que se constituirá e a súa valoración realizada por perito con titulación suficiente. Cando exista un rexistro de empresas ou profesionais especializados na valoración dun determinado tipo de bens, a valoración deberá efectuarse, preferentemente, por unha empresa ou profesional inscrito no devandito rexistro.

Observacións

- Suspensión automática: A solicitude de suspensión deberá ir necesariamente acompañada do documento en que se formalice a garantía achegada, constituída a disposición da tesourería municipal. Cando a solicitude non se acompañe da garantía a que se refire o artigo 224.2 (recursos de reposición) e o artigo 233.2 (reclamación económico-administrativa) da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, aquela non fornecerá efectos suspensivos e terase por non presentada para todos os efectos. Neste suposto procederase ao arquivo da solicitude e á súa notificación ao interesado.

Neste caso a execución do acto impugnado quedará suspendida automaticamente a instancia do interesado se garante o importe do devandito acto, os intereses de demora que xere a suspensión e as recargas que procederían en caso de execución da garantía, nos termos que se establezan regulamentariamente.

- Tratándose de sancións que fosen obxecto de recurso de reposición, a súa execución quedará automaticamente suspendida en período voluntario sen necesidade de achegar garantías ata que sexan firmes en vía administrativa.

Oficinas

  • Rexistro Xeral Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Tesouraría - Recadación Concello de Vigo Planta baixa Praza do Rei 1 36202 Vigo
    Teléfonos: 986 810 133; 986 810 126; 986 810 275
    E-mail: ofi.voluntaria@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información