
Mediante este trámite vostede solicita darse de baixa do sistema especial de pago (CONTA FACIL 10).
Deberá ser solicitada polo suxeito pasivo obrigado ao pago e titular dos recibos que, estando acolleito ao sistema especial que lle permite realizar o pago de todos os seus recibos ordinarios e periódicos en 10 prazos, desexa abonar a totalidade dos mesmos nos prazos de ingreso que se establecen no calendario do contribuinte.
Pode presentar no Rexistro do Concello, sen prexuízo de poder facelo en calquera outro rexistro habilitado pola normativa vixente, o impreso de solicitude, o cal estará a súa disposición na oficina de información do Concello e nesta páxina web. No caso de que non empregue o modelo normalizado se inadmitirá a súa solicitude.
A solicitude deberá facerse con anterioridade ao 1 de xaneiro do exercicio no que deba ter efecto. Noutro caso a solicitude terá efectos a partir do exercicio seguinte.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1
36202 - Vigo
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa, 36202 Vigo
Teléfono: 986 810 275
Horario: Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).