Autoliquidación da taxa pola prestación dos servizos de control de calidade na execución de obras na vía pública e na reposición de pavimentos

Mediante este procedemento poderá realizar o pagamento da taxa pola prestación dos servizos de seguimento das obras en vía pública reguladas na “Ordenanza xeral reguladora das obras e as conseguintes ocupacións necesarias para a implantación de servizos na vía pública” no relativo a:

a) Control dos materiais utilizados nos recheos de gabias e restitución de pavimentos, mediante ensaios normalizados que indiquen a idoneidade de aquelas.

b) Correcta posta en obra dos materiais.

A quen está dirixido

Solicitantes e/ou titulares da correspondente licenza que conleve a execución de obras na vía pública.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Documentación requirida

    • Xustificante de pagamento da taxa por prestación de servizos de control de calidade

Observacións

Procederá la devolución de oficio del importe ingresado por estas tasas en caso de que la solicitud de licencia fuera denegada.

Oficinas

  • Administración de Tributos Concello de Vigo Praza do Rei 1 - Planta Baixa 36202 Vigo
    Teléfono: 010
    Teléfono: 986 810 0100

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información