Mediante este procedemento poderá realizar o pagamento da taxa pola prestación dos servizos de seguimento das obras en vía pública reguladas na “Ordenanza xeral reguladora das obras e as conseguintes ocupacións necesarias para a implantación de servizos na vía pública” no relativo a:
a) Control dos materiais utilizados nos recheos de gabias e restitución de pavimentos, mediante ensaios normalizados que indiquen a idoneidade de aquelas.
b) Correcta posta en obra dos materiais.
Solicitantes e/ou titulares da correspondente licenza que conleve a execución de obras na vía pública.
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Procederá la devolución de oficio del importe ingresado por estas tasas en caso de que la solicitud de licencia fuera denegada.
Concello de Vigo Praza do Rei 1 - Planta Baixa 36202 Vigo
Teléfono: 010
Teléfono: 986 810 0100
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).