Escudo Concello de Vigo

Solicitude de ocupación da vía pública con instalación de posto de venda (Venda ambulante) en mercadillos temáticos

Considérase venda ambulante:

1. A realizada en feiras e mercados que se realicen en lugares establecidos cunha periocidade determinada.

2. A realizada en mercados ocasionais debidos á celebración de festas ou acontecementos populares.

3. O comercio na rúa, entendido este como o realizado na vía ou no espazo público nun número de postos, situación e períodos determinados.

Non terán a consideración de ambulante as vendas realizadas dentro de locais ou recintos ocupados por un certame ferial.

Exceptúase a venda de toda clase de produtos alimenticios que queda prohibida conforme coas normas contidas nas disposicións vixentes.

A quen está dirixido

Poderán optar ás autorizacións que se regulan nesta ordenanza, todas as persoas españolas e estranxeiras, maiores de idade, que teñan plena capacidade xurídica e de obrar conforme coa lexislación mercantil e co establecido na Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

Como facelo

Por Internet

Pulse no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

A solicitude presentada con DNI electrónico ou a través da Carpeta Cidadán, terá a mesma validez que a solicitude presencial no Rexistro do Concello, ao equipararse a firma dixital coa firma manuscrita.





Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar o impreso resultante no Rexistro Xeral do Concello.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e enviar o impreso resultante ao Rexistro Xeral do Concello.

Prazos

As solicitudes presentaranse entre treinta días (naturais) e corenta e cinco días (naturais) antes do día anterior á celebración do evento.

Documentación requirida

  • No caso de facer a solicitude presencialmente ou por correo:
  • No caso de oposición a que o Concello consulte estes datos
    • Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte en vigor do solicitante
  • No caso de non autorizar que o Concello consulte estes datos
    • Xustificante de estar inscrito/a como traballador/a autónomo na Seguridade Social e estar ao corrente do pagamento das cotizacións correspondentes
    • Xustificante de estar inscrito/a no imposto de actividades económicas e estar ao día no pagamento
    • Xustificante de estar ao corrente no pagamento do seguro de responsabilidade civil

Oficinas

  • Departamento de Comercio

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - 2º andar
    Teléfono: 986 810 253

    Horario: De 9 a 13:30 horas

Normativa Municipal

Lexislación relacionada

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información