Solicitude de aprazamento de pago (período executivo)

Poderá aprazarse o pagamento da débeda, tanto en período voluntario como executivo, trala petición dos obrigados cando a súa situación económica-financeira, discrecionalmente apreciada pola Administración Municipal de conformidade coas regras dos artigos 41 e seguintes da Ordenanza Fiscal Xeral, impídalles, transitoriamente, efectuar o pagamento dos seus débitos.

Non obstante o anterior inadmitiranse as solicitudes de aprazamento que inclúan débedas en período voluntario e outras en vía executiva, polo que deberán presentarse en distintas solicitudes.

A quen está dirixido

Calquera persoa que pola súa situación económica-financeira non poda, transitoriamente, efectuar o pagamento dos seus débitos coa Administración Municipal.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Na petición de aprazamento farase constar, ademais dos datos identificativos do suxeito pasivo e da débeda, as causas que motivan a solicitude de aprazamento, os prazos e restantes condicións que se solicitan, e a garantía que se ofrece. Á solicitude achegaráselle a documentación requirida e presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Como regra xeral, o solicitante deberá ofrecer garantía en forma de aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou certificado de seguro de caución coas salvedades reguladas no artigo 82 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.

Cando se xustifique que non é posible obter o aval, ou certificado, ou que con isto se compromete seriamente a viabilidade da actividade económica, o órgano competente poderá admitir outras garantías.

A garantía cubrirá o importe do principal e dos xuros de demora que xere o aprazamento, máis un 25 por cento da suma de ambas partidas. A garantía constituída mediante aval deberá ser por termo que exceda cando menos en seis meses ao vencemento do prazo ou prazos garantidos.

O órgano competente poderá dispensar total ou parcialmente das garantías exixibles, nos termos que estableza a norma regulamentaria de aplicación, cando a persoa debedora careza de medios suficientes para garantir a débeda e a execución do seu patrimonio puidese afectar ao mantemento da capacidade productiva e do nivel de emprego da actividade económica respectiva ou ben puidese producir graves quebrantos para os intereses da Facenda municipal.

Prazos

A resolución deberá adoptarse no prazo de seis meses dende o día en que a solicitude tivo entrada oficial no Rexistro Xeral do Concello. Transcorrido este prazo poderá entenderse desestimada.

Documentación requirida

    • Impreso de solicitude de aprazamento de deudas en período executivo Achéganse unhas instrucións básicas para cumprimentar o modelo. Inadmitiranse as solicitudes que se presenten nun modelo distinto.
    • Declaración responsable (aprazamentos e fraccionamentos)
    • Documentación xustificativa da falta de liquidez
      Deberán aportarse os documentos ou xustificantes que estime oportunos debendo xustificar, en particular, a existencia de dificultades económico-financeiras que lle impidan de forma transitoria efectuar o pago no prazo establecido, así como a capacidade para xenerar recursos para facer fronte ao aboamento da/s débeda/s nos prazos solicitados. Consulte as instrucións no impreso de solicitude.
    • Compromiso de garantía en forma de aval solidario Compromiso por escrito da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, ou certificado de seguro de caución, que avala ao solicitante pola cantidade adeudada. Non se esixirá garantía cando: - O solicitante sexa unha Administración Pública. - O importe da débeda cuxo aprazamento se solicita é inferior a 18.000,00 euros. Para os efectos da determinación deste importe, acumularanse no momento da solicitude, tanto as débedas ás que se refire a propia solicitude (principal, xuros de mora, recargas do período executivo e custas no seu caso), como calquera outra do mesmo debedor polas que tivese solicitado e non resolto o aprazamento, así como o importe dos vencementos pendentes de ingreso das débedas aprazadas, agás que estean debidamente garantidas, sempre que estean no mesmo período de recadación, voluntaria ou executiva.
  • As persoas físicas que soliciten os prazos extraordinarios deberán aportar ademáis:
    • Escrito identificativo das persoas integrantes da unidade familiar do solicitante
      A estes efectos considérase unidade familiar : - En caso de matrimonio (modalidade 1ª): A integrada polos cónxuxes non separados legalmente e, se os houber: 1. Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentemente destes. 2. Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada. A maioría de idade alcánzase aos 18 anos. - En defecto de matrimonio ou nos casos de separación legal (modalidade 2ª): A formada polo pai ou a nai e a totalidade dos fillos que convivan cun ou outra e reúnan os requisitos sinalados para a modalidade 1ª anterior.
    • Fotocopia do libro de familia
      da unidade familiar ou no seu caso certificación da folla individual do rexistro civil do titular ou de cada un dos individuos da unidade familiar.
    • Certificado de Empadroamento
      do titular da solicitude e de todos os membros da unidade familiar cando o solicitante non estea empadroado no municipio de Vigo.
    • Certificación ou Declaración do IRPF
      presentada por todos os membros da unidade familiar. Non será precisa a achega desta documentación cando todos os membros da unidade familiar autoricen ao concello de Vigo a solicitar á AEAT a información, documentos e certificacións necesarios para a tramitación da solicitude.
    • Certificado dos servizos sociais do órgano competente
      que acredite as circunstancias especiais requiridas para a aplicación do porcentaxe adicional por minusvalía superior a un 33% ou violencia de xénero.
  • As persoas xurídicas que soliciten os prazos extraordinarios deberán aportar ademáis:
    • Contas anuais
      presentadas no rexistro mercantil, correspondentes aos tres últimos exercicios sociais.
  • Unha vez concedido o aplazamento, no seu caso, deberá presentar:

Observacións

Por razóns de economía e eficiencia na xestión de cobro, a cota mínima mensual resultante do fraccionamento solicitado non poderá ser inferior a 30 euros.

Cálculo de intereses: Calcularanse os intereses correspondentes a cada aprazamento polo tempo que transcorra ata o vencemento do aprazamento.

Tramitación e resolución:

A Recadación do Concello tramitará as solicitudes de aprazamento examinando e avaliando a falta de liquidez e a capacidade para xerar recursos conforme o disposto nas normas regulamentarias de aplicación, formulando a correspondente proposta de resolución ao órgano competente para a súa aprobación.

O órgano competente para a resolución das solicitudes de aprazamentos de pagamento é a Alcaldía.

A resolución notificarase conforme a normativa regulamentaria de aplicación xunto co cálculo de intereses e procedemento en caso de falta de pagamento.

- De acordo co establecido no art. 65,5 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria: As solicitudes de fraccionamento en período executivo poderán presentarse ata o momento en que se notifique ao obrigado o acordo de alleamento dos bens embargados. A Administración tributaria poderá iniciar ou, no seu caso, continuar o procedemento de prema durante a tramitación do aprazamento ou fraccionamento.

Durante a tramitación da solicitude o debedor deberá efectuar o pago do prazo proposto naquela, podendo, no caso contrario, denegarse a mesma por concorrer dificultades económico-financeiras de carácter estrutural.

Efectos da falta de pagamento: Se chegado o vencemento do prazo concedido non se efectuase o pagamento procederase a exaccionar a débeda pola vía de constrinximento ou ben a executar a garantía de conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria e normativa regulamentaria de aplicación.

Oficinas

  • Oficina de Recadación Executiva Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Planta Baixa
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 258

    Horario: Horario: De 9:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas de luns a venres (excepto do 15 de xuño ao 31 de agosto que será de 9:00 a 13:30 horas).

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información