Escudo Concello de Vigo

Solicitude da Carta de Cidadanía para a infancia de Vigo

Procedemento para solicitar o acto de outorgamento da Carta de Cidadanía da Infancia, para o neno ou a nena que se trate, como declaración de intencións en defensa dos Dereitos da Infancia do Concello de Vigo.

A quen está dirixido

Este acto poderá ser solicitado pola nai, o pai ou persoas responsables legais do neno/a.

Como facelo

É preciso facer unha solicitude vía Rexistro Xeral ao Concello de Vigo, cun mínimo de dez días antes da data de celebración.

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Debe entregar o impreso de solicitude xeral na oficina de Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Prazos

O prazo para admisión de solicitudes correspondentes ao ano seguinte se abrirá sempre no mes de xuño do ano anterior.

Documentación requirida

Observacións

O Concello estipula que as datas destinadas para este acto será en sábado, salvo circunstancias excepcionais suficientemente acreditadas. O lugar para levalo a cabo será, con carácter xeral, o Pazo-Museo Quiñones de León.

A cerimonia contará cos mesmos medios que as vodas civís e seguirá un protocolo axeitado para o fin que se persigue.

Para máis información deberán contactar cos seguintes servicios:

Para información inicial:

Departamento Atención Cidadá

Tfnos:010, chamadas dende Vigo. 986810260, chamadas dende fóra de Vigo ou dende móbil.

Correo electrónico: 010@vigo.org

No caso de teren xa solicitada data de celebración:

Departamento de Protocolo

Tfno: 986 810 156; Correo electrónico: ofi.protocolo@vigo.org

Normativa Municipal

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información