Autorización municipal para realizar queimas controladas

Durante a época de perigo baixo de incendios, publicado pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, , o Concello de Vigo autorizará con carácter xeral ditas queimas sempre e cando se cumpran as seguintes obrigas:

1. Cumprimentar o Impreso de Solicitude Xeral do Concello de Vigo de xeito presencial ou telematico.

2. Prohibicións xerais do Bando Municipal de Autorización de queimas.

3. Cumprimento das instrucións básicas de prevención de queimas que serán entregadas durante a revisión da zona polo SPEIS de Vigo.

4. Sen prexuízo do disposto no apartado anterior, de acordo co sinalado nos artigos 34 e 35 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, para realizar traballos en terreos agrícolas, terreos forestais e zonas de influencia forestal nos que sexa imprescindible facer uso do lume, e sempre fóra da época de perigo alto de incendios, será obrigatorio dispoñer da correspondente comunicación ou autorización de queima da Xunta de Galicia.

A quen está dirixido

Interesados en realizar queimas de restos vexetais no termo municipal de Vigo.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunta a documentación requirida no rexistro do Concello de Vigo.

Prazos

As solicitudes, debidamente cumprimentadas, e a documentación necesaria, deberán presentarse como mínimo con 7 días laborais de antelación a queima.

Documentación requirida

Observacións

Consecuencias dos defectos nas solicitudes:

1. A inexistencia ou deficiencia dos requisitos materiais, suporá o requirimento por parte da Área para a súa cumprimentación no prazo de dez días. Transcorrido dito prazo, entenderase o desistimento da solicitude e procederase ao arquivo do expediente.

2. As solicitudes de autorización presentadas de xeito extemporáneo, ou que non cumpran cos requirimentos de cumprimentación, e as solicitudes de queima en lugares prohibidos, non recibirán en ningún caso autorización, e darase parte á Policía Local para verificar que non se proceda á queima non autorizada.

Exención de responsabilidade:

1. A autorización outorgada non eximirá ao promotor da queima das responsabilidades en que incorrese, no caso de que concorra culpa ou neglixencia.

2. O Concello de Vigo resérvase o dereito a repetir contra o promotor os custos que eventualmente se lle xeneren por causa ou como consecuencia da queima.

Revisión do contido do Bando:

O Bando Municipal de autorización de queimas, deberá ser revisado anualmente, aos efectos de cumprir coa normativa que ulteriormente se adopte en desenrolo da Lei 3/2007, de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia.

A todos os efectos, a aprobación de normativa de desenvolvemento da Lei 3/2007 que sexa incompatíbel co presente Bando será de aplicación preferente sobre o mesmo.

Oficinas

  • Extinción de Incendios e Salvamento Urxencias: 080 ; 986433333

    Parque Balaídos:
    Centralita 986233102
    Xefatura 986233041

    Parque Teis:
    Centralita 986373713 ; 986373773
    Email ofi.bombeiros@vigo.org

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información