Escudo Concello de Vigo

Solicitude de prazas reservadas a residentes en réxime de abono aparcamento de praza de Portugal

Ponse en coñecemento dos residentes na zona de influencia do aparcadoiro publico de praza de Portugal, de conformidade co disposto no Regulamento Xeral de Réxime interior regulador do servizo público do aparcamento soterrado sito na Praza Portugal publicado na data 2 de decembro de 2011, e que estean interesados en obter unha praza de residente no mesmo, que deberan presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello.

A quen está dirixido

Ser persoa física propietaria ou condutor habitual do vehículo e residir de feito e figurar empadroada na area de influencia do aparcadoiro.

Por cada vivenda poderán solicitarse como máximo dous abonos de residente.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Debe cubrir o impreso de solicitude ou o formulario web e presentar a solicitude resultante no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Documentación requirida

    • Xustificante / Volante de Empadroamento
      Xustificante de empadroamento na área de influencia do aparcadoiro, no caso de non outorgar consentimento.
    • Permiso de Circulación do Vehículo
    • Xustificante de ser condutor habitual
      Copia contrato leasing/renting ou documento expedido pola empresa que acredite que o solicitante é o único e exclusivo usuario do vehículo e utiliza o mesmo fóra da xornada laboral.
  • No caso de facer a solicitude presencialmente ou por correo:

Oficinas

  • Servizo de Transportes

    Concello de Vigo Praza do Rei 1. 36202 Vigo. Teléfono: 986 810 353

    Horario: De 9 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información