
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión ordinaria de 12 de xullo de 2018, acordou aprobar as bases reguladoras da concesión de axudas para a instalación de ascensores, mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais colectivos existentes para os anos 2018 e 2019, así como os seus Anexos (modelos normalizados de solicitudes, etc.), dispoñendo a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Persoas físicas ou xurídicas que teñan a condición de propietarias do inmoble no que se executen as obras.
Debe cubrir o impreso de solicitude ou o formulario web e presentar a solicitude resultante no Rexistro Xeral da Xerencia de Urbanismo de Vigo.
Prazo solicitudes: 09/08/2018 - 09/11/2018
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).