Declaración de ocupación de dominio público (calas, canalizacións etc.) - Paso 3 de 3

Cando a ocupación de dominio público corresponda a empresas explotadoras de servizos de subministracións a que se refire o apartado 5 do artigo 4 da ordenanza fiscal 30, así como empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil e outras telecomunicacións a que se refire a Ordenanza 35 do Concello, finalizada a obra correspondente a cada licenza ou transcorrido o prazo de tres meses contado a partir da data da proposta de execución (PRX), deberá formularse, a efectos censais, declaración de ocupación de dominio público segundo formulario dispoñible nesta páxina.

A quen está dirixido

Empresas explotadoras de servizos de subministracións a que se refire o apartado 5 do artigo 4 da ordenanza fiscal 30, así como empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil e outras telecomunicacións a que se refire a Ordenanza 35 do Concello.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Sancións

O incumprimento desta obriga constitúe infracción tributaria tipificada no artigo 198.1 da LXT.

Oficinas

  • Departamento de Vías e Obras Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - 2º Andar
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 271

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información