
A ocupación temporal do sistema viario público para a celebración dun evento deportivo está suxeito ao control e autorización previa do Concello de Vigo, de acordo coas competencias que esta Administración local ostenta no tocante ás funcións de tutela e actos de ocupación dos sistemas viarios e espazos de uso público da súa titularidade, así como en materia de seguridade cidadá, ordenación do tráfico de vehículos e de persoas en vías urbanas e en materia de espectáculos públicos.
A calquera persoa xurídica.
Pulse no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Este trámite só admitirá solicitudes feitas vía internet, polo que no seguinte paso "Documentación requirida" deberá seguir a opción "Entregar documentación por Internet".
Prazos:
- Prazo ordinario:
1. Para eventos entre 01/01 ó 30/06 o prazo de solicitude é do 15 de outubro ao 15 de novembro.
2. Para eventos entre 01/07 ó 31/12 o prazo de solicitude é do 1 ao 30 de abril.
- Prazo extraordinario: Con carácter extraordinario, e de forma xustificada, admitiranse para o seu análise as solicitudes de celebración de eventos que, por motivos técnicos ou de programación, non tiveran opcións de entrar dentro dos prazos establecidos no apartado anterior, cos seguintes condicionantes.
Nota: Os eventos na vía pública están suxeitos a unha Declaración Xurada do promotor do evento e Declaración Responsable da propiedade de cada instalación desmontable existente no evento, no caso de existir. Estes documentos deben se remitidos ao Concello de Vigo antes da celebración do evento xunto co Plan de Autoprotección ou Plan de Emerxencia no caso necesario.
Horario: De luns a venres de 9 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).