Escudo Concello de Vigo

Solicitude de Certificado de Empadroamento

Os certificados, a diferenza dos xustificantes (volantes) deben estar asinados. Por este motivo non se poden emitir dende Internet. Pero pódesense solicitar por Internet e vir recollelos ao Concello.

Para as mayorías das situacións chega con solicitar un volante de empadroamento que é gratuito e pódese solicitar por Internet e imprimir de forma inmediata.

Os certificados serven para os seguintes casos especiais:

-Pensións non contributivas (10-5 anos) (invalidez, xubilación, ...) e pensións do estranxeiro (castelán)

-Adquisición nacionalidade española

-Adopcións internacionais (cando xa está concedida a adopción, para finalizar o trámite)

-Algúns trámites do xulgado e de notarías

Como facelo

Por Internet

Unha vez que cubra a solicitude deberá recoller o certificado na oficina de Información do Concello de Vigo (Praza do Rei s/n) nun prazo aproximado de 15 días. Se quere saber exactamente cando pode vir recollelo pode consultar o estado da tramitación do certificado.

No proceso de solicitude facilitaráselle un código de control que lle permitirá consultar o estado da tramitación do seu certificado. Cando a tramitación indique que o certificado está asinado poderá vir recollelo ás dependencias municipais.

O importe da tasa deberase aboar ao vir recoller o certificado solicitado (ver observacións).




Oficinas

  • Estatística - Vivendas

    Concello de Vigo
    Planta Baixa - Praza do Rei nº1
    36202 - Vigo
    Teléfono: 986 810 132

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información