AR-003 Licenza de apertura dun establecemento destinado a unha actividade recreativa ou espectáculos, públicos cunha capacidade superior a 500 persoas e Licenza de obra nova, ampliación ou reestruturación xeral

De conformidade co artigo 41 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, atendendo a concorrencia de razóns de orde pública, seguridade pública, saúde pública e protección do medio ambiente, será precisa a obtención de licenza municipal ou autorización autonómica para, entre outros:

- A apertura de establecementos abertos ao público cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.

- A apertura de establecementos abertos ao público e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica exixa a concesión de licenza ou autorización.

Tramitarase conxuntamente a licenza de actividade e a licenza de obras de acondicionamento do establecemento.

Non poderá iniciar a actividade ata obter a licenza de primeira ocupación

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica que vaia a promover un novo establecemento público para unha actividade recreativa ou espectáculo público con mais de 500 persoas de capacidade ou una actividade recreativa cuxa normativa específica exixa a concesión de licenza ou autorización. (obra nova, ampliación ou reestructuración Xeral)

Como facelo

Por Internet

Pode realizar o pago da autoliquidación e enviar a documentación requirida de forma telemática. Deste xeito a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica




Presencialmente

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Unicamente para persoas físicas non obrigadas de conformidade ao artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas

Documentación requirida

    • Impreso de solicitude de licenza de actividade mais obra de reforma comercial (AR-003)
    • Autoliquidación de taxas de licenza de actividades e instalacións
    • Impreso de autoliquidación da taxa correspondente
    • Escritura pública de propiedade do terreo
      Dita escritura achegarase inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral.
    • Reportaxe fotográfica do soar ou da edificación
      Subscrita polo solicitante e polo técnico redactor do proxecto. Nos casos de nova edificación en edificacións entre medianeiras, acompañarase tamén de fotografías das fachadas dos edificios lindeiros.
    • Oficio de dirección das obras
      Documento acreditativo da designación da persoa que debe asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do establecemento á licenza outorgada, en que debe constar o nome, o enderezo e a titulación e habilitación profesional da persoa designada
    • Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento
    • Autorizacións sectoriais previas preceptivas
      Xunto coa manifestación expresa de que conta con todos os necesarios para o inicio da actividade
    • Declaración onde se faga constar o compromiso de contratación do seguro previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia ou documentación acreditativa da dispoñibilidade daquel
    • Proxecto técnico da actividade e das instalacións
      Ou Memoria no caso de instalacións de pequena entidade, redactado por técnico/a competente, co contido establecido no anexo 3 da Ordenanza de tramitación de licenzas
    • Declaración de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico
      Subscrita polo técnico autor do proxecto
    • Plan de emerxencia, plan de autoprotección, estudo de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria
      Cando sexan exixibles de acordo coa normativa aplicable e redactados de conformidade coa normativa vixente e sempre que os seus contidos non se incorporasen aos proxectos técnicos achegados.
    • Documentación requirida pola normativa sobre ruídos e vibracións, verteduras e emisións.
      En todo caso, a documentación que determine a normativa sobre prevención e control ambiental segundo corresponda en función das características do establecemento e das actividades
    • Xustificación do cumprimento da ordenanza municipal sobre captación e aproveitamento de enerxía solar para usos térmicos en edificacións e instalacións no termo municipal de Vigo
  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) do solicitante ou do representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • En edificacións incluídas en ámbitos de Plan Especial de Intervención.
    • Consulta previa ante a Comisión de Seguimento do PEEC
      Edificacións incluidas no ámbito do Plan Especial e Catálogo Complementario de Edificios, Conxuntos e Elementos a Conservar, Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Vello ou Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Histórico de Bouzas
  • Se achega proxecto básico.No caso de proxectos achegados a través da PLATAFORMA DE EDICIÓN DE PROXECTOS ou do acceso telemático ao Colexio Profesional, unicamente deberá aportar o código da plataforma ou número de visado.
    • Proxecto técnico da edificación
      Redactado por técnico competente co contido establecido no Anexo I da Parte I do Código Técnico da Edificación e no anexo da Ordenanza de tramitación de licenzas. v O proxecto deberá xustificar que tras as obras o local será apto para o novo uso, conforme á normativa aplicable en función do mesmo e con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico, seguridade contra incendios e accesibilidade precisas para o uso pretendido
  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial non presentados a través da PLATAFORMA DE EDICIÓN DE PROXECTOS
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permitan a súa identificación e na que se acredite non estar inhabilitado nin incurso en causa de incompatibilidade.
  • Se achega proxecto básico e execución (ademais da documentación anterior).No caso de proxectos achegados a través da PLATAFORMA DE EDICIÓN DE PROXECTOS ou do acceso telemático ao Colexio Profesional,so deberá aportar o código
    • Proxecto de infraestructuras comúns de telecomunicacións de acordo co R.d. lei 1/1998
      No caso de edificios con división horizontal.
    • Estudo de Seguridade e Saúde
      Segundo R.d. 1627/1997 redactado polo técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional.
    • Proxecto técnico da instalación de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria
      Redactado por técnico competente
    • Oficio da dirección da execución da obra
    • Estudio de xestión de residuos

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información