Se, como titular de vehículo, condutor habitual ou arrendatario do vehiculo recibiu un requirimento para que identifique a un condutor responsable dunha infracción, pode realizar este trámite na internet, sen necesidade de certificado dixital nin de DNI electrónico.
¿Cando existe obrigación de identificar?
É obrigatorio identificar se a denuncia refírese a feitos en que o vehiculo esta circulando e o condutor non esta identificado.
¿Que pasa se non se identifica ao condutor existindo obligacion de facelo?
En caso de non atender dita obrigación (ou facelo de forma non veraz) no prazo indicado , sera sancionado como autor dunha infracción moi grave prevista no Art. 77 j) ;
A cuantia de dicha multa sera do dobre da prevista para a infracción orixinaria que a motivo sise trata dunha infracción leve e con multa do triplo se a infracción orixinaria é grave ou moi grave (Art. 80 2 b do R.D 6/2015).
A sanción por non identificar o condutor responsable da infracción non ten redución do 50 % do importe da multa.
A identificación do condutor debe realizarse no momento procedemental oportuno.
O titular do vehículo, condutor habitual ou arrendatario do vehículo.
Se a persoa que identifica como condutora esta inscrita no Rexistro de Condutores da Dirección Xeral de Trafico:
Debera facilitar nome e apelidos, o numero do permiso ou licenza de condución que permitan a súa identificación no Rexistro de Condutores asi como expresar o domicilio completo de o mesmo a efecto de notificacións.
Se non esta inscrita no Rexistro de Condutores:
Deberan achegar copia da autorización que lle habilite para conducir en España. No caso de que o permiso de conducir corresponda a un país que non sexa membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, deberá achegarse tamén copia do pasaporte do condutor con selo de entrada en España.
Se o titular é unha empresa de aluguer de vehículos sen condutor:
Deberan achegar copia do contrato de arrendamento.
Se o propietario é o condutor:
Debera identificarse, sempre, expresamente como condutor na forma fixada anteriormente.
Sen necesidade de certificado digital nin de DNI electrónico.
Clique no botón "Tramitar por Internet" e siga os pasos que se lle indican.
Entregarase debidamente cumprimentado o impreso que recibiu no portelo do Departamento de Recadación Executiva ou en calquera outro lugar dos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015.
Devolvendo o impreso que recibiu, debidamente cumprimentado, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s.n., 36202 - Vigo (Pontevedra).
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Sótano 1
Teléfono: 986 810 291 ; 986 810 121
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).