Escudo Concello de Vigo

Axudas Municipais á Creación de Empresas 2022

Convocatoria de subvencións para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva de axudas económicas ás empresas de nova creación constituídas legalmente como tales coa finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais.

A finalidade destas axudas é subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa durante os primeiros meses de actividade. O importe máximo destas axudas será de 3.000€ por empresa beneficiaria e non poderá superar o 50% dos gastos efectuados nin exceder da contía total do investimento inicial realizado polos promotores/as.

Subvencionarase o 50% dos gastos correspondentes aos tres meses anteriores e aos catro meses posteriores ao inicio da actividade, agás os gastos de constitución e apertura, que poderán corresponder ao período comprendido dende os seis meses antes do inicio da actividade ata a data límite de presentación das solicitudes: Gastos de constitución e apertura, Existencias iniciais de mercadorías, Gastos de alugueiro, Primas de seguros, Gastos da actividade e Dereitos de propiedade industrial.

Se o montante total das solicitudes debidamente presentadas superase o orzamento previsto a Comisión de Valoración realizará proposta de resolución conforme aos criterios de avaliación. Para isto as solicitudes ordenaranse en forma descendente segundo a puntuación obtida tras a aplicación dos criterios de avaliación, sendo o importe a subvencionar o calculado, para cada solicitante, segundo o previsto nas bases reguladoras, ata esgotar a cantidade máxima autorizada.

A quen está dirixido

Poderán concorrer a esta convocatoria pública as persoas físicas (autónomos/as) e empresas privadas, independentemente da súa forma xurídica, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas, sociedades laborais e persoas emprendedoras que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional que iniciaran a súa actividade empresarial entre o 1 de abril de 2021 e o 31 de marzo de 2022 (entendendo por inicio de actividade o alta no IAE).

Non poderán solicitar estas axudas as entidades sen ánimo de lucro nin as persoas físicas distintas do disposto no parágrafo anterior.

As empresas que soliciten esta axuda terán viabilidade técnica, económica e financeira e cumprirán coas obrigas e os requisitos establecidos nas bases reguladoras, entre os que cabe subliñar:

1. Que a persoa desenvolva a súa actividade no término municipal de Vigo con data anterior ao inicio do prazo de presentación da solicitude, o que resultará acreditado mediante a documentación esixida no punto 4.2 das Bases.

2. Que a persoa promotora cree o seu propio posto de traballo e estea en situación de desemprego na data de inicio da actividade empresarial, en calquera das formas xurídicas existentes. No caso de varias persoas promotoras, como mínimo o 50% do capital social da empresa será de titularidade de persoas que previamente estivesen en situación de desemprego.

3. Que se atope ao corrente nas súas obrigas tributarias coas administracións local, autonómica e estatal e coa Seguridade Social.

4. Que o/s promotor/es da empresa non desenvolveran igual ou similar actividade empresarial na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade.

Como facelo

Os solicitantes obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo segundo a obriga imposta polo artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC), deberán presentar e tramitar por medios electrónicos a solicitude desta subvención a través da sede electrónica do Concello de Vigo https://sede.vigo.org/expedientes/sede/?lang=ga, por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura electrónica admitidos na sede electrónica, que se poden consultar no enlace https://sede.vigo.org/expedientes/usuarios/login.jsp?lang=ga.

Os solicitantes non obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas poderán optar pola tramitación electrónica da súa solicitude e documentación complementaria a través da sede electrónica do Concello de Vigo, e por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos ou ben a través da súa Carpeta Cidadá.

As solicitudes de subvención debidamente cumprimentadas e asinadas electrónicamente polo seu representante legal, segundo os modelos oficiais aprobados nestas bases dispoñibles na páxina web (www.vigo.org), se presentarán a través da sede electrónica do Concello de Vigo.

Por Internet

Pode realizar a solicitude e enviar a documentación requirida de forma telemática. Deste xeito a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro do Concello de Vigo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica




Presencialmente

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto coa documentación requirida no rexistro do Concello de Vigo.

Unicamente para persoas físicas non obrigadas de conformidade ao artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas

Prazos

Do 9 de xuño ata o 5 de agosto.

Documentación requirida

    • (ACE2022) Anexo I. Solicitude
    • (ACE2022) Anexo II. Declaración responsable
    • (ACE2022) Anexo III. Memoria xustificativa do proxecto empresarial
    • Escritura de constitución
      Copia do documento de constitución da empresa
    • Acreditación da representación
      de ser o caso, documentación acreditativa da representatividade suficiente para actuar en nome da entidade de quen asina a solicitude.
    • Certificado de situación censal actualizado
      que indique a actividade económica coa data de alta, domicilio fiscal e do local de desenvolvemento da actividade no termo municipal de Vigo ou documento equivalente.
    • Alta no réxime da Seguridade Social ou certificado da mutualidade do colexio profesional correspondente
      das persoas promotoras que creen o seu propio posto de traballo.
    • Certificado de Vida Laboral
      das persoas promotoras que creen o seu propio posto de traballo e de todos os promotores cunha porcentaxe de participación superior ao 10% do capital social da empresa.
    • (ACE2022) Anexo IV. Relación de facturas presentadas
    • Facturas e xustificantes de pago
      dos gastos para os que se solicita a subvención. Computaranse as facturas expedidas a nome da persoa solicitante e non sexan emitidas por algún promotor da empresa e cos importes en euros (no seu defecto, achegarase xustificante de pagamento acreditativo do seu valor en euros). - Facturas electrónicas e/ou copias dixitais das facturas orixinais en papel asinadas electrónicamente e/ou dos demais documentos de valor probatorio equivalente para os solicitantes obrigados e aqueles que opten voluntariamente (art. 14.2 LPAC). - Facturas orixinais polo importe total da subvención outorgada para os solicitantes non obrigados (art. 14.2 LPAC). A xustificación do pagamento dos gastos obxecto da subvención acreditarase a través de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario de pagamento. Nestes documentos estarán claramente identificados o emisor e o receptor do pagamento. Non se admitirán como xustificantes de gasto albaráns, notas de entrega nin facturas proforma. Tampouco se admitirán os pagos en efectivo.
    • Copia da póliza do seguro e/ou do contrato de alugueiro, de ser o caso
      Copia da póliza do seguro e/ou do contrato de alugueiro, de ser o caso.
    • (ACE2022) Anexo V. Declaración responsable de non dedución de IVE
    • Comunicación previa de inicio de actividade, de obra ou de Cambio de titularidade
      cando sexa necesaria para o desenvolvemento da actividade.
    • Calquera medio de proba do emprego da lingua galega
      páxina web, publicidade, ...
    • Calquera outra documentación que estime oportuno achegar
      Certificados e/ou documentos que a persoa solicitante estime oportunos para a súa avaliación.
  • Documentación a presentar para a avaliación (base 1.6):
    • Certificado emitido polo concello de ILE / PEIM
      declaración da súa obtención ou número de expediente da súa concesión.
    • Documentación acreditativa da situación social das persoas promotoras autoempregadas
      (punto 1.6 Criterios de avaliación).
    • (ACE2022) Anexo VI. Consulta do padrón municipal ou, no seu defecto, xustificante de empadroamento.
  • Documentación a presentar para a avaliación (base 1.6) e no caso de contratación de persoal por conta allea:
    • Certificado de Vida Laboral
      Informe de Vida laboral completo das persoas traballadoras contratadas.
    • Copia do contrato de traballo
      Copia do/s contrato/s de traballo rexistrado/s no servizo Público de Emprego (SPEG).
    • Xustificante / Volante de Empadroamento
      ou, no seu defecto, Anexo VI. Consulta do padrón municipal.
  • Documentación a presentar para a avaliación (base 1.6) e no caso de contratación de persoal autónomo/a colaborador/a:
    • Certificado de Vida Laboral
      Informe de Vida laboral completo.
    • Copia da alta na Seguridade Social
      Alta na Seguridade Social das persoas traballadoras (no que figure o seu vínculo coa empresa).
    • Xustificante / Volante de Empadroamento
      ou, no seu defecto, Anexo VI. Consulta do padrón municipal.
  • Documentación para presentar a xustificación da axuda concedida:

Oficinas

  • Desenvolvemento local e emprego

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1, 4ª Planta
    Teléfono: 986 810 304 ; 986 810 232

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información