Pagamento do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)

O imposto sobre vehículos de tracción mecánica é un tributo municipal, directo e obrigatorio regulado nos artigos 92 a 99 da RDL 2/2004 de 5 de marzo (TR da Lei Reguladora das Facendas Locais).

Este trámite de pagamento é so para o caso de non ter domiciliado o pago e de non tratarse dunha nova alta.

Cando se trate de vehículos de alta por primeira vez por seren de nova matriculación o imposto ingresarase polo sistema de autoliquidación. Esta formularase en impreso regulamentario, que facilita o Rexistro Xeral, con carácter previo á inscrición do vehículo no Rexistro da Xefatura Provincial de Tráfico (ver trámite relacionado) .

A quen está dirixido

1. As persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o art. 33 da Ley Xeral Tributaria a nome da cal figura o vehículo no permiso de circulación.

2. Constitúe o feito impoñible deste imposto a titularidade de vehículos de tracción mecánica, aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexa a súa clase e categoría.

3. Os ciclomotores e motocicletas de ata 125 cc. as cotas anuais deberán ser ingresadas polo procedemento de autoliquidación entre os meses de xaneiro e abril de cada ano.

Como facelo

Por Internet

Este servizo permite pagar o recibo do imposto de vehículos de tracción mecánica, sempre que este se atope en período voluntario, mediante o uso do pagamento electrónico a través de Internet. Pode ver as datas dos períodos de pagamento no Calendarío do Contribuínte.

1. Cubra os campos baleiros marcados en gris (emisora, referencia, identificación e importe) copiando exactamente os datos que aparecen escritos no recibo que se lle enviou á casa.

2. Comprobe os datos do recibo e inicie o pagamento a través da pasarela segura de Abanca facendo uso da súa tarxeta de crédito.




Presencialmente

Se non ten o pago domiciliado pode realizar o pagamento en calquera das entidades bancarias indicadas na carta de pago ou recibo. Debe facer o ingreso na entidade bancaria dentro do prazo de tempo que se establece cada ano.

Sancións

En todo o relativo a Infraccións tributarias e ás súas cualificacións, así como ás sancións que correspondan, estarase ó disposto na Ordenanza Fiscal Xeral, Lei Xeral Tributaria.

Observacións

1. A Xestión, liquidación, inspección e recadación deste imposto corresponde ó Concello de Vigo sempre que o domicilio que conste no permiso de circulación do vehículo pertenza ó termo municipal.

2. Os titulares dos vehículos, cando comuniquen á Xefatura Provincial de Tráfico a reforma dos mesmos, sempre que altere a súa clasificación a efectos deste imposto, así como tamén nos casos de transferencia, cambio de domicilio que conste no permiso de circulación do vehículo, ou de baixa de ditos vehículos deberán acreditar previamente ante a referida Xefatura Provincial o pagamento do último recibo presentado ó cobro do Imposto sen prexuízo de que sexa esixible por vía de xestión e inspección o pagamento de tódalas débedas por dito concepto devengadas, liquidadas, presentadas ó cobro e non prescritas.

Oficinas

  • Tesouraría - Recadación Concello de Vigo Planta baixa Praza do Rei 1 36202 Vigo
    Teléfonos: 986 810 133; 986 810 126; 986 810 275
    E-mail: ofi.voluntaria@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información