Cesión de uso gratuito do auditorio-pazo de congresos "Mar de Vigo"

Solicitude para a cesión do uso gratuito do Auditorio-Pazo de Congresos “Mar de Vigo” con cargo aos días de libre disposición cos que conta o Concello de Vigo, naquelas datas en que as instalacións estean dispoñibles.

A cesión terá como finalidade principal o desenvolvemento de actividades socioculturais e/ou educativas, de interese para a cidade.

A quen está dirixido

- Institucións públicas.

- Colexios ou centros de ensino de primaria, secundaria, bacherelato e, ciclos formativos ou equivalentes, que radiquen no Concello de Vigo.

- Persoas ou entidades sen ánimo de lucro inscritas no rexistro municipal de asociacións ou que ben polo seu ámbito espacial ou polos seus fins non precisen da inscripción no rexistro municipal de asociacións.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

As solicitudes de cesión realizaranse, dacordo co modelo aprobado, a través do Rexistro Xeral, cunha antelación mínima de seis meses respecto do inicio da actividade que se pretende desenvolver.

Prazos

As solicitudes de cesión realizaranse cunha antelación mínima de seis meses respecto do inicio da actividade que se pretende desenvolver.

Documentación requirida

  • No caso de facer a solicitude presencialmente ou por correo:
  • No caso de modalidade de acceso do público con pagamento de entrada
    • Memoria xustificativa
  • No caso de asociacións ou fundacións
    • Documentación acreditativa da súa inscrición no correspondente rexistro de asociacións ou fundacións
    • Estatutos da asociación ou fundación

Observacións

A solicitude da cesión de uso de balde dos espazos presupón que as persoas solicitantes e organizadores coñecen e aceptan as bases para utilización de balde do Auditorio Pazo de Congresos “Mar de Vigo”, así como o Réxime de Funcionamento do Auditorio Pazo de Congresos “Mar de Vigo” aprobado por acordo do Pleno Municipal de data 21.10.2011.

Oficinas

  • Oficina de patrimonio Concello de Vigo Praza do Rei 1, planta 1, 36202 - Vigo.
    Teléfono: 986 810 278
    Correo electrónico: ofi.patmun@vigo.org

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información