Procedemento para solicitar o certificado de empadroamento familiar aos efectos de solicitar as axudas para renda de aluguer ou as moratorias de aluguer, deuda hipotecaria ou créditos e préstamos non hipotecarios previstas no Real Decreto-Lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 e/ou no Real Decreto-Lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.
As persoas que precisen obter certificado de empadroamento para solicitar a moratoria de deuda arrendaticia, axuda para renda de aluguer, moratoria de deuda hipotecaria, moratoria de préstamos non hipotecarios ou suspensión de obrigas derivadas de contratos de crédito sen garantía hipotecaria, previstas no Real Decreto-lei 8/2020 e/ou no Real Decreto-lei 11/2020, para cuxa acreditación fora preciso, poderán solicitalo do seguinte xeito:
A) Se dispón de certificado dixital, a través do Rexistro Xeral Electrónico do Concello de Vigo. No ASUNTO da solicitude debe indicar “Solicitude de certificado de empadroamento para moratoria”.
B) Sen necesidade de certificado dixital, cumprimentando e adxuntando a documentación requirida mediante o formulario web dispoñible premendo no botón "Tramitar por internet".
C) Exclusivamente para este trámite, enviando a documentación requirida por correo electrónico á dirección ofi.estatistica@vigo.org. No ASUNTO reflictirase o número do seu documento de identidade, seguido da indicación “Solicitude de certificado de empadroamento para moratoria”.
Nos tres casos, a solicitude irá acompañada da documentación requirida, escaneada ou fotografada, indicada máis abaixo.
- O certificado expedirase aos efectos de acreditación da situación padroal, a fin de solicitar moratoria / axuda o abeiro do Real Decreto-lei 8/2020 e/ou do Real Decreto-lei 11/2020.
- Con carácter excepcional para este trámite, o certificado expedido aos efectos indicados enviarase á dirección de correo electrónico indicada polo interesado na solicitude.
- De conformidade co art. 28.7 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas “os interesados responsabilizaranse da veracidade dos documentos que acheguen”.
- Lembre que, de conformidade dos artigos 6.2 y 17.2 do Real Decreto-ley 11/2020 e para os supostos para os que se prevé, se o solicitante da moratoria non pudera achegar algún dos documentos requiridos “poderá substituílo mediante unha declaración responsable que inclúa a xustificación expresa dos motivos, relacionados coas consecuencias da crise do COVID-19, que lle impiden tal aportación. Trala finalización do estado de alarma e as súas prórrogas disporá do prazo dun mes para a aportación dos documentos que non facilitara”.
Pode consultar:
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).