Pagamento da Taxa por Recollida de Lixo en Vivendas

Pago da taxa de prestación de servicio de recepción obrigatoria, a recollida de residuos sólidos urbanos no termo municipal de Vigo, o seu transporte ós centros de eliminación e posterior tratamento.

A quen está dirixido

Entenderase de recepción obrigatoria o servicio prestado a tódalas vivendas que estean en condicións de habitabilidade con independencia de que estean ou non habitados.

Considéranse, a efectos desta ordenanza, residuos sólidos urbanos, os residuos procedentes de vivendas, edificios, centros públicos e privados sen excepción ningunha; os mobles, enseres e trastos inútiles.

Como facelo

Por Internet

Este servicio permítelles aos cidadáns pagar os recibos das taxas e impostos municipais mediante o uso do pagamento electrónico a través de Internet:

1. Cubra os campos baleiros marcados en gris (emisora, referencia, identificación e importe) copiando exactamente os datos que aparecen escritos no recibo que se lle enviou á casa.

2. Comprobe os datos do recibo e inicie o pagamento a través da pasarela segura de Abanca facendo uso da súa tarxeta de crédito.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Se non ten o pago domiciliado pode realizar o pagamento en calquera das entidades bancarias indicadas na carta de pago ou recibo. Debe facer o ingreso na entidade bancaria dentro do prazo de tempo que se establece cada ano.

Sancións

En todo o relativo a Infraccións tributarias e ás súas cualificacións, así como ás sancións que correspondan, estarase ó disposto na Ordenanza Fiscal Xeral, Lei Xeral Tributaria.

Observacións

As altas no Padrón da taza de lixo-vivendas produciranse a partir da información contida no Catastro Inmobiliario.

A efectos da aplicación das taxas reguladas na ordenanza, as actuacións dos Servizos de Xestión e Inspección Tributarias do Concello complementarán e/ou corrixirán os datos contidos no Catastro Inmobiliario nos casos de omisión do Ben Inmoble no rexistro catastral, ausencia de división horizontal e outros casos.

Oficinas

  • Tesouraría - Recadación Concello de Vigo Planta baixa Praza do Rei 1 36202 Vigo
    Teléfonos: 986 810 133; 986 810 126; 986 810 275
    E-mail: ofi.voluntaria@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información