En cumprimento do articulo 21.3 del RD 1036/2017 de 15 de decembro, polo que se regula a utilización civil das aeronaves pilotadas por control remoto, no caso de facer operacións aéreas especializadas sobre aglomeracións de edificios en cidades, pobos ou lugares habitados ou reunións de persoas ao aire libre, deben realizarse sobre zonas acoutadas na superficie nas que, a autoridade competente a tales efectos, teña limitado o paso de persoas ou vehículos ou, noutro caso, mantendo unha distancia horizontal mínima de seguridade de 50 m respecto de edificios ou outro tipo de estruturas e respecto de calquera persoa, salvo persoal do operador ou persoal que está involucrado no desenvolvemento da operación.
Calquera persoa física ou xurídica que precise a acotación para desenrolar o uso con aeronaves non tripuladas
Solicitará os lugares donde se desexa limitar o paso de vehículos e persoas
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Sótano 1
Teléfono: 986 810 291 ; 986 810 121
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).