Axudas Municipais á Contratación 2023

Convocatoria de subvencións para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, do programa de ”Axudas Municipais á Contratación” no marco da actuación municipal para o ano 2024 que se integran na liña 2.6. Atención aos colectivos e as súas necesidades sociais: emprendedores/as do Plan Estratéxico de Subvencións (PES) aprobado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 08.03.2024; ao seu efecto, ten por obxecto servir de estímulo ao empresariado para a contratación, favorecer a mellora das condicións e o emprego estable e de calidade das persoas traballadoras do municipio de Vigo, a través dos seguintes programas de axudas:

A) Programa Indefinidos: comprende a transformación a indefinido do contrato previo formalizado, e de ser o caso as súas prórrogas, en calquera das modalidades contractuais vixentes no período comprendido desde ó 1 de xullo de 2023 ao 30 de xuño de 2024 realizado á persoa traballadora pola que se solicita a axuda.

O contrato indefinido terá unha xornada laboral superior ou igual ao 50% da xornada laboral semanal establecida no convenio colectivo de aplicación e será superior ou igual ao contrato temporal do que deriva.

A persoa traballadora pola que se solicita esta axuda estará empadroada no municipio de Vigo alo menos desde o 1 de xaneiro de 2023 e prestará servizos no mesmo.

B) Programa Contratacións: Comprende a contratación indefinida de persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, empadroadas no municipio de Vigo, para prestar servizos no mesmo, no período comprendido entre ó 1 de xullo de 2023 e ó 30 de xuño de 2024.

O contrato subscrito terá unha xornada laboral superior ou igual ao 50% da xornada laboral semanal establecida no convenio colectivo de aplicación.

A persoa traballadora pola que se solicita esta axuda resultará seleccionada entre as candidaturas remitidas desde a unidade de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo e/ou desde o Servizo Público de Emprego de Galicia para o que previamente se remitirá a correspondente oferta de emprego. No caso de falta de candidaturas co perfil requirido admitirase á empresa solicitante a contratación dunha persoa traballadora que resulte do seu proceso de selección e reúna os requisitos desta convocatoria.

Quedan excluídas as contratacións indefinidas iniciais que se realicen con persoas traballadoras que nos 6 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato de carácter indefinido, ou nos últimos 3 meses mediante un contrato de carácter temporal. O disposto neste parágrafo será tamén de aplicación nos casos de sucesión de empresas previsto no art. 44 do RDL 2/2015, do 23 de outubro.

C) Programa Mellora: Comprende a axuda para a mellora da estabilidade laboral no período comprendido entre ó 1 de xullo de 2023 e ó 30 de xuño de 2024, a través das seguintes opcións:

- o incremento de xornada laboral do contrato formalizado de tempo parcial a tempo completo segundo estableza o correspondente convenio colectivo de aplicación.

- o incremento da duración anual do contrato fixo-descontinuo a un mínimo de 9 meses a xornada completa.

A persoa traballadora pola que se solicita esta axuda estará empadroada no municipio de Vigo alo menos desde ó 1 de xaneiro de 2023 e prestará servizos no municipio.

A quen está dirixido

Poderán concorrer a esta convocatoria pública as persoas físicas (autónomos/as) e empresas privadas, con independencia da súa forma xurídica, as comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas, sociedades laborais e as persoas emprendedoras que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional.

Non poderán solicitar estas axudas as grandes empresas(*), as entidades sen ánimo de lucro nin as persoas físicas distintas do disposto no parágrafo anterior.

(*) Empresa con 250 traballadores ou máis e un volume de facturación anual superior aos 50 millóns de euros ou un activo total que supera os 43 millóns de euros.

Como facelo

Por Internet

Pode realizar a solicitude e enviar a documentación requirida de forma telemática. Deste xeito a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro do Concello de Vigo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica




Presencialmente

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto coa documentación requirida no rexistro do Concello de Vigo.

Unicamente para persoas físicas non obrigadas de conformidade ao artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas

Prazos

Poderá facer a solicitude a partir do día seguinte á data de publicación do extracto da convocatoria no BOP de Pontevedra ata o 14 de xullo 2024.

Documentación requirida

  • Documentación común aos tres programas:
    • (AMC2023) Anexo I - Solicitude
    • Documento Acreditativo da Representación
      As persoas xurídicas achegarán poder suficiente ou documento acreditativo para actuar en nome da entidade de quen asina a solicitude. - No caso de poderes mancomunados o formulario de solicitude presentarase asinado pola persoa que teña a sinatura electrónica que representa á entidade e fará constar os datos de todas as persoas representantes. - No caso de solicitude da axuda por medio de terceiros achegarase documento acreditativo de autorización de representación asinado pola persoa outorgante o pola persoa autorizada.
    • Documento acreditativo de autorización de representación
      No caso de solicitude da axuda por medio de terceiros achegarase documento acreditativo de autorización de representación asinado pola persoa outorgante o pola persoa autorizada.
    • (AMC2023) Anexo II - Consulta do padrón municipal da persoa traballadora pola que se solicita a subvención ou, no seu defecto, volante de empadroamento correspondente.
    • (AMC2023) Anexo III - Declaración responsable de información da condición de micropeme, se procede
  • A) Documentación específica do Programa Indefinidos:
    • Vida Laboral
      Informe de vida laboral do código de conta de cotización onde conste a relación nominal de todas as persoas traballadoras que estean no cadro de persoal da empresa, con data posterior á transformación do contrato temporal a indefinido para a que se solicita a subvención.
    • Copia dos contratos de traballo
      (temporal inicial, prórrogas e transformación da modalidade de contrato a indefinido). Para o contrato fixo descontinuo, no caso de que non estea especificado, indicarase o tempo de traballo efectivo anual en semanas e a xornada laboral estimada a efecto de determinar a contía da axuda.
    • Certificado e/ou documento acreditativo
      da pertenza da persoa traballadora a algún dos colectivos especificados na base 2ª, apartado a.2 das bases reguladoras e convocatoria.
  • B) Documentación específica do Programa Contratacións:
  • C) Documentación específica do Programa Mellora
    • Vida Laboral
      Informe de vida laboral do código de conta de cotización onde conste a relación nominal de todas as persoas traballadoras que estean no cadro de persoal da empresa, con data posterior á mellora do contrato para o que se solicita a axuda.
    • Copia do contrato de traballo
      Copia do contrato de traballo vixente e, de ser o caso, das súas prórrogas rexistrados no Servizo Público de Emprego, e do documento acreditativo do incremento da xornada laboral.
    • Certificado e/ou documento acreditativo
      da pertenza da persoa traballadora a algún dos colectivos especificados na base 2ª, apartado c.2. das bases reguladoras e convocatoria.
  • Documentación a presentar en caso de concedérselle a subvención e no momento da xustificación:

Oficinas

  • Desenvolvemento local e emprego Concello de Vigo
    Praza do Rei 1, 4ª Planta
    Teléfono: 986 810 304 ; 986 810 232

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información