Pagamento de fianza - Concello de Vigo

Mediante este trámite poderá facer efectivo o pagamento da fianza requirida polo Concello de Vigo.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Unicamente para persoas físicas non obrigadas de conformidade ao artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas

Oficinas

  • Tesouraría - Recadación Concello de Vigo Planta baixa Praza do Rei 1 36202 Vigo
    Teléfonos: 986 810 133; 986 810 126; 986 810 275
    E-mail: ofi.voluntaria@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información