Sistema interno de información do Concello de Vigo - Comunicación anónima

Lei 2/2023 do 20 de febreiro, reguladora das protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.

O Sistema Interno de Información é a canle preferente para que as persoas físicas, que obtivesen información nun contexto laboral ou profesional, poidan informar sobre as accións ou omisións previstas no artigo 2 da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, isto é, infraccións graves ou moi graves e aquelas incluídas no anexo da Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de outubro de 2019, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do Dereito da Unión.

Mediante este procedemento poderá remitir de forma anónima as informacións ó Sistema Interno de Información do Concello de Vigo que irán directamente ao Órgano Responsable do Sistema, sempre e cando siga as seguintes instrucións:

- Para garantir o anonimato da comunicación na contorna dixital (tamén da dirección IP, que pode identificar a quen navega por internet), deberá empregar un navegador que dispoña dunha VPN integrada (por exemplo o navegador Opera), e sempre que habilite previamente a VPN.

- Se desexa recibir información do Sistema Interno de Información, deberá conservar e empregar o código único que lle facilitará a canle interna cando presente a súa comunicación.

A quen está dirixido

As persoas físicas que obtivesen información nun contexto laboral ou profesional sobre as infraccións das que informan. Para maior información, pode consultarse o documento de Política do Sistema Interno de Información e de Garantías de Protección das Persoas Informantes no apartado "acordos e normativa municipal" na parte inferior desta páxina.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón "Tramitar por internet" e siga os pasos que se lle indican.




Observacións

Enlace a outras canles de información:

Servizo Nacional de Coordinación Antifraude: Se o que desexa é pór en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, pode utilizar a canle habilitada para o efecto polo citado Servizo, e ao que se pode acceder a través da seguinte ligazón: Comunicación información sobre feitos ou irregularidade que afecten a fondos da Unión Europea

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información