Esta convocatoria de subvencións, realizada pola Concellaría de Participación Cidadá e Distritos, aprobada pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 25/10/2024, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás Asociacións de Veciños e Sociedades Culturais, entidades sociais, asistenciais, culturais, festivas e de lecer, peñas recreativas, de promoción e defensa de valores, étnicas e relixiosas, sen ánimo de lucro, constituídas legalmente como tales e inscritas nos epígrafes correspondentes do Rexistro Municipal de Asociacións, para o desenvolvemento de actividades e programas de interese xeral. Están dirixidas a fomentar o asociacionismo e a participación cidadá, co fin de reforzar a capacidade de autoorganización das entidades asociativas e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción de calidade de vida e benestar social da cidadanía. Consideranse gastos subvencionables, os realizados dende o 17 de outubro de 2023 ata o 15 de outubro de 2024, que se encadren nalgún dos seguintes programas:
• Programa I: Gastos derivados de actividades de montaxe e desmontaxe de instalacións cubertas ou estruturas mobles similares, sempre que non impliquen cesión a terceiros onde realicen nelas actividades mercantís ou comerciais.
• Programa II: Gastos de organización de xogos populares.
• Programa III: Gastos para o deseño e impresión de publicacións.
• Programa IV: Gastos derivados do alugueiro de local social (base impoñible + IVE) e/ou doutros inmobles con carácter puntual, cando resulten necesarios para o desenvolvemento dos seus fins e obxecto social.
Poderán concorrer a esta convocatoria pública as entidades que figuren inscritas nos seguintes epígrafes do Rexistro Municipal de Asociacións:
Programa I: Gastos derivados de servizos de montaxe e desmontaxe de instalacións cubertas ou estruturas mobles similares, sempre que non impliquen cesión a terceiros onde realicen nelas actividades mercantís ou comerciais, por mor da organización de actos sociais e encontros veciñais no termo municipal de Vigo, celebrados por entidades sociais e asistenciais, culturais, festivas e de lecer, asociacións de veciños e sociedades culturais e recreativas, inscritas nos seguintes epígrafes do Rexistro Municipal de Asociacións (RMA, en adiante):
1. Asistencial e saúde
2. Cultura e Arte
3.2 Festivas e de lecer
10.1 Asociacións veciñais
10.5 Sociedades Culturais, Recreativas e Deportivas
Programa II: subvencións para financiamento da organización de competicións de xogos populares promovidos no termo municipal de Vigo por entidades festivas e de lecer, peñas recreativas, asociacións de veciños e sociedades culturais e recreativas, que se encadren nalgunha das seguintes liñas de axudas:
a) Competicións de xogos populares de ámbito internacional, nacional, autonómico, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións nos seguintes epígrafes do RMA:
3.2 Festivas e de lecer
3.3 Xogos sociais (peñas recreativas)
10.1 Asociacións veciñais
10.5 Sociedades Culturais, Recreativas e Deportivas
b) Competicións de xogos populares de ámbito municipal consolidado (máis de 40 edicións), inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións nos seguintes epígrafes do RMA:
3.2 Festivas e de lecer
3.3 Xogos sociais (peñas recreativas)
10.1 Asociacións veciñais
10.5 Sociedades Culturais, Recreativas e Deportivas
Programa III: subvencións para o deseño e impresión de publicacións promovidos por entidades, que se encadren nalgunha das seguintes liñas de axudas:
a) Subvencións para o deseño e impresión de libros sobre a historia das distintas parroquias no termo municipal de Vigo promovidos por asociacións de veciños e sociedades culturais e recreativas, inscritas nos seguintes epígrafes do Rexistro Municipal de Asociacións (RMA, en adiante):
10.1 Asociacións veciñais
10.5 Sociedades Culturais, Recreativas e Deportivas
b) Subvencións para o deseño e impresión de libros e publicacións relativos a festas no termo municipal de Vigo promovidos por asociacións festivas e de lecer, asociacións de veciños e sociedades culturais e recreativas, inscritas nos seguintes epígrafes do Rexistro Municipal de Asociacións (RMA, en adiante):
3.2 Festivas e de lecer
10.1 Asociacións veciñais
10.5 Sociedades Culturais, Recreativas e Deportivas
Programa IV. Subvencións para contribuir ao desenvolvemento de actos sociais de promoción de valores (paz, solidariedade, dereitos humanos, liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto, tolerancia, amizade) no termo municipal de Vigo celebrados por entidades inscritas no seguinte epígrafe do RMA:
6.6: Valores, étnicas e relixiosas
En cumprimento do deber imposto polo artigo 14.2.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC), establécese o emprego, de xeito exclusivo, de medios electrónicos para presentar e tramitar a solicitude desta subvención.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).