Solicitude de participación en provisión de posto de traballo por CONCURSO ESPECÍFICO no Concello de Vigo

Modelo normalizado de solicitude de participación no concurso específico dos subgrupos A1 e A2 do Concello de Vigo.

A quen está dirixido

Persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo do Concello de Vigo.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Prazos

O prazo de presentación de solicitudes de participación para os distintos postos de traballo convocados, abrirase a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE

e será de 15 días hábiles.

Poderá consultar as publicacións relativas a cada convocatoria na sección Oferta de emprego-Provisión de Postos de traballo-Concurso específco A1-A2 premendo no posto de traballo no que estea interesado en participar.

Documentación requirida

    • Copia simple do DNI (salvo que autorice a consulta automática dos datos)
    • Certificación acreditativa da condición de funcionario de carreira (deberá conter as indicacións establecidas nas bases da convocatoria)
    • Declaración xurada ou promesa de posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas propias do posto de traballo obxecto da convocatoria.
    • Modelo de autobaremo no que se indiquen os méritos xerais e específicos alegados na Primeira Fase (en formato Calc). Poderá descargar o mesmo na sección de ofertas de emprego. Aviso: detectado erro no formulario de autobaremo, procédese á súa corrección e nova publicación, o que se pon en coñecemento das persoas interesadas que teñan descargado o dito documento con anterioridade ás 14:14 horas do día 03/06/2024.
    • Documentación acreditativa dos méritos xerais alegados na Primeira Fase (esta documentación deberá achegarse, preferiblemente, nun único documento)
    • Documentación acreditativa dos méritos específicos alegados na Primeira Fase (esta documentación deberá achegarse, preferiblemente, nun único documento)
    • Memoria (Segunda Fase)
    • Outra documentación

Oficinas

  • Área de RR HH e Formación, Concello de Vigo

    Praza do Rei 1
    36202 – Vigo
    Teléfono: 986 810 164

    Horario:

    Horario de atención ao público interno:
    -Oficina administrativa da Área: de luns a venres en horario de 12:30h a 14:30h.

    -Persoal técnico: de luns a venres en horario de 12:30h a 14:30h, con cita previa e indicación de asunto.

    A solicitude de cita previa deberá efectuarse por vía telefónica ou por correo electrónico, segundo os correos corporativos dispoñibles na Intranet municipal, indicando o asunto ou materia sobre o cal se desexa información, a fin de documentarse con antelación suficiente para proporcionar a mellor atención posible.

    Ademais da atención ao público, poden formularse consultas por correo electrónico nos enderezos dispoñibles nas listas de correo da Intranet Municipal.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información