Escudo Concello de Vigo

Certificado de Estar ao Corrente de Pago dos Tributos Municipais para Contratos

Certificado que deben aportar as empresas ou profesionais que desexen participar nos concursos convocados pola Administración Municipal ou seus Organismos Autónomos como requisito necesario para poder contratar coa Administración.

A quen está dirixido

Só poderá obter este certificado a persoa ou entidade que sexa o obrigado ao pago dos tributos ou persoa autorizada por el.

Como facelo

Por Internet

Unha vez que cubra os datos presione no botón de tramitar e imprima o resguardo. Debe achegarse ás oficinas do Concello para recoller o certificado onde deberá aboar o seu importe.




Presencialmente

Cumprimentando o impreso normativo que deberá ser presentado no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, previo pago da taxa por expedición de documentos administrativos establecida na Ordenanza Fiscal nº 10 (art. 5.3).

Pasados 4 días hábiles poderá vir recollelo á ventanilla de tesourería.

Prazos

Prazo máximo de expedición: 4 días hábiles.

Prazo de validez da certificación positiva: 6 meses.

Documentación requirida

  • Fotocopia do DNI (do solicitante)
  • Impreso de pagamento da taxa pola expedición de documentos

Oficinas

  • Tesourería Municipal - Caixa

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Pranta Baixa
    36202 - Vigo
    Teléfono: 986 810 124
    Email: ofi.tesocaixa@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información