
Supostos nos que se utiliza este trámite: - Erros no deslinde, usos, valoración, etc...
Ten por obxecto a modificación de datos catastrais cando a Administración teña coñecemento da falla de concordancia entre a descrición catastral dos bens inmobles e a realidade inmobiliaria ademáis de que a súa orixe non se deba ao incumprimento da obriga de declarar.
A persoa propietaria, titular dun dereito real de superficie, usufruto ou concesión administrativa sobre bens inmobles ou servizos públicos aos que estean afectos.
Presentación da solicitude a través da Sede Electrónica da Dirección Xeral do Catastro.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
So para as persoas solicitantes non obrigadas a relacionarse telemáticamente coa administración poderá presentarse a Comunicación de Subsanación de Discrepancias.
Deberá achegar a solicitude en impreso regulamentado xunto coa documentación requerida no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, ou no Rexistro Xeral do termo municipal do ben inmoble, nas Xerencias ou Unidades Locais do Catastro, nas Delegacións de Economía e Facenda en que se integran.
Horario: De luns a venres de 9 a 13:30.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para tener acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario y clave de Carpeta Ciudadana o mediante Certificado electrónico (como el DNI electrónico).