Solicitude de baixa catastral

Supostos nos que se utiliza este trámite: Xa non son titular da propiedade e séguenme chegando os recibos do IBI.

Ten por obxecto cancelación ou modificación da inscrición efectuada en favor da persoa solicitante como consecuencia da realización dun feito, acto ou negocio polo que se extinga a titularidade do dereito en virtude do cal foi inscrito e, cando proceda, a inscrición dunha/dun nova/o titular catastral. Esta solicitude exime a obrigación de declarar en caso de adquisición da propiedade cando se presente no prazo de dous meses desde devandita adquisición.

A quen está dirixido

Titulares catastrais que cesen no dereito que orixinou dita titularidade.

Como facelo

Por Internet

Presentación da solicitude a través da Sede Electrónica da Dirección Xeral do Catastro.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

So para persoas solicitantes non obrigadas a relacionarse telemáticamente coa administración poderá presentarse a Solicitude de Baixa Catastral.

Deberá achegar a solicitude en impreso regulamentado xunto coa documentación requerida no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, ou no Rexistro Xeral do termo municipal do ben inmoble, nas Xerencias ou Unidades Locais do Catastro, nas Delegacións de Economía e Facenda en que se integran.

Documentación requirida

Oficinas

  • Oficina de Xestión Catastral Delegada do Concello de Vigo Praza do Rei nº 1 pranta baixa - 36202 Vigo ofi.xcatastral@vigo.org Teléfono: 986 810 201

    Horario: De luns a venres de 9 a 13:30.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información