
Os Puntos de Información Catastral son oficinas autorizadas pola Dirección Xeral do Catastro ubicados en distintas Organizacións Públicas e Institucións, fundamentalmente en Concellos, onde a cidadanía pode acceder á información catastral.
Os servizos aos que se pode acceder dende o Punto de Información Catastral do Concello de Vigo son os seguintes:
- Consulta e certificación de datos catastrais protexidos, polas persoas titulares catastrais, os seus representantes ou persoas autorizadas por elas.
- Certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral
- Notificación de acordos catastrais, tanto por comparecencia electrónica (con clave concertada), como por comparecencia presencial.
- Consulta e certificación de datos catastrais protexidos polas persoas titulares catastrais das parcelas colindantes, titulares ou cotitulares de dereitos reais, de arrendamento e aparcería, así como heredeiros e sucesores (nos termos do artículo 53.1 c) d) e) do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario).
- Recepción, dixitalización e presentación de escritos e documentación relativa aos procedimientos catastrais
- Calquera outros servizos de consulta e certificación que se implanten no futuro, nos termos da Resolución que se dite ao efecto.
Ten a consideración de datos protexidos o nome, apelidos, razón social, código de identificación e enderezo das/os que figuren inscritos no Catastro Inmobiliario como titulares, así como o valor catastral e os valores catastrais do solo e, no seu caso, da construción, dos bens inmobles individualizados.
Servizo de consulta e certificación electrónica dos datos catastrais protexidos: As persoas titulares catastrais, así como as suas representantes, poderán, desde calquera Punto de Información Catastral, acceder aos datos protexidos dos bens inmobles da súa titularidade que figuren na Base de Datos Nacional do Catastro.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Na Lonxa do Concello de Vigo, nas xanelas da Xestión Catastral Delegada ou IBI, identificándose co orixinal do NIF, NIE, Pasaporte.
Excepcionalmente, poderá denegarse o acceso ao servizo cando polo volume dos datos solicitados ou por outras causas operativas poida verse prexudicada a eficacia do servizo ou a atención das demais usuarias.
Horario: De luns a venres de 9 a 13:30.
Horario: De luns a venres de 9 a 13:30
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).