
O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e o enderezo dos veciños do municipio para todos os efectos administrativos.
Toda persoa que viva en España ten a obriga de inscribirse no padrón do municipio onde reside habitualmente. Quen viva en varios municipios, ou en varios domicilios dentro do mesmo municipio, deberá inscribirse únicamente no que resida durante máis tempo ó ano.
Este trámite vai dirixido a aquelas persoas inscritas en Vigo que queren actualizar os seus datos por cambio de domicilio dentro do mesmo municipio.
Asinada por todolos membros maiores de idade (nas casillas dos menores asinaran nai, pai ou titor legal).
Se a presenta de forma presencial sinatura manual, se a presenta por internet asianda dixitalmente.
Recomendable incluir un teléfono e un enderezo electrónico.
Un dos seguintes: DNI, NIE con foto, pasaporte, tarxeta de residencia, cédula de inscripción ou resgardo de protección internacional.
Obrigatorio o DNI para maiores de 14 anos.
No caso de presentación online asinados dixitalmente polo titular (no caso de menores por un dos proxenitores)
Se está caducado: pode aportar o resgardo de renovación pagado xunto con unha copia do documento caducado.
A través da Carpeta Ciudadana:
1. Precisas un dos seguintes: certificado dixital ou DNI electrónico ou chave permanente ou PIN-SMS do Concello de Vigo.
2. Cubrir o formulario de solicitude.
3. Achegar a documentación requirida asinada electrónicamente.
O empadroamento será efectivo trala revisión por parte do Servizo de Estatística e oportuna notificación ao interesado.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
1. Cumprimentar a Folla de Inscrición / Modificación do Padrón de Habitantes (disponible nesta páxina e na oficina de Estatística do Concello).
2. Levar a documentación necesaria (seralle devolta).
3. Presentala no concello. Hai duas opcións:
No servizo de estatística:
Solicitar cita previa na páxina web do Concello de Vigo ou chamando ó 010.
O empadroamento terá lugar no acto.
No rexistro xeral:
Con ou sen cita previa (na páxina web do Concello de Vigo ou chamando ó 010).
O empadroamento terá lugar unha vez verificada a documentación polo Servizo de Estatística, cuxa efectividade se comunica vía SMS ou correo electrónico.
O prazo máximo de resolución é de 3 meses.
- Os que vivan en máis dun municipio inscribiranse no que residan durante máis tempo ó ano.
- O veciño ten dereito a coñecer a información que consta no Padrón sobre a súa persoa e a esixir a súa rectificación cando sexa errónea ou incorrecta.
- A presentación da folla de inscrición / modificación cumprimentada no Concello implica a súa conformidade para actualizar o Censo Electoral en consonancia cos datos reflectidos nela.
Concello de Vigo - Planta Baixa
Praza do Rei nº1 36202 - Vigo
Horario: de 9:00 a 13:30
Teléfono: 986 81 01 32
Email: ofi.estatistica@vigo.org
a) Se o que está empadroado o está cun contrato de aluguer, debe autorizar o arrendatario.
b) Se o que está empadroado é coa autorización do propietario, un novo empadroamento debe autorizarse tamén polo propietario.
Precisa autorización do propietario
a) Se a documentación está completa, tramitase ol cambio/alta e se lle envía correo/SMS para indicarlle que xa se encontran empadroados e poden descargar un volante a través da página web. Neste caso a alta producese con efectos dende a data de presentación da documentación completa en Rexistro ou a través da Sede (para quen o faga con certificado dixital).
b) En caso de documentación incompleta se lle requerirá para subsanar a documentación. Neste caso, a alta/ cambio terá efectos dende a data na que a documentación quedou completa.
Regla xeral
Se se empadronan con ambos proxenitores, firma cada proxenitor no seu nome e un de eles en nome do menor (acompañará certificado de nacemento, con 14 anos en adiante, ademáis DNI).
Pais separados/divorciados con custodia exclusiva
Quen teña a custodia, acreditada mediante sentenza xudicial, non precisa a acreditación do outro proxenitor.
Pais separado/divorciados con custodia compartida
Asina o proxenitor co que a sentenza xudicial di que debe empadroarse. En ausencia de este pronunciamento xudicial, é necesaria a autorización do outro proxenitor.
Empadroamento con outros familiares
Autorización de ambos cónxuxes.
Tutelados o acogidos
Resolución administrativa o judicial.
a) Se ten contrato de aluguer chega con presentalo xunto ao resto de documentación..
b) Se non ten contrato de aluguer precisa a autorización do propietario.
a) Se o que está empadroado o está cun contrato de aluguer, debe autorizar o arrendatario.
b) Se o que está empadroado é coa autorización do propietario, un novo empadroamento debe autorizarse tamén polo propietario.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).