Obras de reforma: intervencións que, podendo realizarse dentro e/ou fóra dunha edificación, implican a substitución ou transformación de materiais, elementos ou partes destes, alterando ou non a súa estrutura e volumetría. Estarán suxeitas a licenza municipal previa as obras de reforma que produzan unha variación esencial da composición xeral exterior, a volumetría ou o conxunto do sistema estrutural, ou teñan por obxecto cambiar os usos característicos do edificio.
Obras de rehabilitación: son aquelas obras encamiñadas a mellorar e adecuar as condicións de habitabilidade, accesibilidade e uso, podendo implicar unha redistribución da organización espacial, conservando maioritariamente a configuración arquitectónica e disposición estrutural orixinal, tanto interior como exterior (fachadas, accesos, núcleos de escaleira, muros de carga, disposición estrutural horizontal, patios e división en plantas).
Obras de consolidación: son aquelas obras encamiñadas á conservación e mantemento que impliquen a substitución parcial ou total dalgún elemento estrutural do edificio con achega de elementos novos con deseño ou natureza material igual ou diferente aos substituídos, pero respectando integramente a organización espacial, a tipoloxía estrutural e a composición exterior da envolvente do edificio (fachadas e cubertas).
Estarán suxeitas a licenza municipal previa as obras de reforma, rehabilitación e consolidación na edificación existente que produzan unha variación esencial da composición xeral exterior, a volumetría ou o conxunto do sistema estrutural, ou teñan por obxecto cambiar os usos característicos do edificio, os cambios de uso a usos residenciais e todas as obras en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.
Neste último caso (edificios catalogados), inclúense as obras de conservación que excedan das intervencións menores.
Calquera persoa física ou xurídica.
Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.
Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas: Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.Praza do Rei s/n
Teléfono: 986 810 320
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).