Rexistro de solicitudes e documentos no Rexistro Oficial do Concello de Vigo.
Para poder rexistrar documentos no Rexistro Xeral a través de Internet coa mesma validez que presencialmente hai que estar rexistrado previamente na Carpeta do Cidadán.
Na Carpeta do Cidadán na sección de Expedientes e Documentos atopará o formulario de rexistro en liña onde poderá adxuntar documentos de texto, imaxe ou planos xunto coa solicitude.
No caso de querer achegar documentación asinada, debe ter en conta que, para a presentación telemática, só terá validez a documentación asinada electrónicamente e non a documentación escaneada asinada a man.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Debe entregar o impreso de solicitude xeral na oficina de Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).