Alta na Taxa de Lixo Industrial, Comercial e Profesional

Constitúe a taxa de prestación de este servizo de recepción obrigatoria, a recollida de residuos sólidos urbanos no termo municipal de Vigo, o seu transporte aos centros de eliminación e posterior tratamento.

Entenderase de recepción obrigatoria o servizo prestado a todos os establecementos comerciais, industriais, profesionais ou de outros usos que estean en condicións de habitabilidade ou utilización con independencia de que estean ou non, habitados ou utilizados.

A quen está dirixido

No caso de locais de uso distinto á vivenda, que se atopen pechados ou sen uso, son suxeitos pasivos obrigados ao pagamento da taxa os propietarios ou usufrutuarios.

No caso de locais ou establecementos con actividade comercial, industrial, profesional ou de outro uso, son suxeitos pasivos obrigados ao pagamento da taxa os titulares da actividade ou actividades que se desenvolven nos locais.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Poderá solicitar cita previa no seguinte enlace: Solicitude de cita previa. e escoller a opción " Lixo comercial - vados (EUI) e I.A.E ".

Por correo

Remitindo a documentación necesaria ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Documentación requirida

Oficinas

  • Oficina I.A.E.-E.U.I. Administración de Tributos - Departamento de I.A.E.-E.U.I.
    Planta Baixa
    Praza do Rei 1, 36202 Vigo.
    Teléfono: 986 810 313
    E-mail: ofi.iae@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información