A prestación do servizo público de taxi da Cidade de Vigo estará suxeita á previa obtención de licenza municipal, que se outorgará de conformidade e cos requisitos esixidos na Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia e na Ordenanza Municipal reguladora do servizo de taxi na cidade de Vigo.
A convocatoria e outorgamento de licenzas polas entidades locales virá determinado pola necesidade e conveniencia do servizo a prestar ao público.
Persoas en posesión do permiso municipal de conductor.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
A solicitude de licenza formularase polo interesado, nos prazos establecidos na convocatoria que estableza a concesión dun determinado número de licenzas, acreditando as condicións persoais e profesionais do solicitante, a marca e modelo do vehículo e, no seu caso, a súa homologación e grupo polo que se solicita e presentando toda aquela documentación adicional requirida en devandita convocatoria.
Terminado o prazo de presentación de solicitudes referentes ao número de licenzas creadas, o órgano adxudicador publicará a lista no Boletín Oficial da Provincia, co obxecto de que os interesados e as asociacións profesionais de empresarios e traballadores poidan alegar o que estimen procedente en defensa dos seus dereitos, no prazo de 15 días.
A entidade local resolverá sobre a concesión das licenzas a favor dos solicitantes con maior dereito acreditado.
No caso de que a concesión de licenzas fose realizada mediante concurso, o procedemento someterase ás normas de contratación local.
As licenzas teñen un prazo de vixencia indefinido. Non obstante poderán transmitirse "intervivos" ou "mortis causa" previa autorización do Concello e sempre que á persoa que o solicite acredite que cumpre cos requisitos para ser titular da licenza.
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Horario: De 9 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).