Terán a consideración de canalizacións todas as aperturas de solo ou pavimento que tendo carácter lineal, as súas características superen os máximos establecidos para as calas. O carácter lineal virá dado polo feito de que a lonxitude da apertura de solo ou pavimento sexa como mínimo dez veces maior que a da súa anchura.
A efectos desta Ordenanza entenderanse incluidas nas canalizacións que afecten á calzada, non só a principal, senón as secundarias que a leven ata o bordo da beirarrúa necesarias para dar servizo a todos os futuros usuarios.
En consecuencia, e a estes efectos, as licenzas para acometidas comprenderán só aquélas que se executen en beirarrúas.
Calquera persoa ou entidade.
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).