Solicitude de instalacións deportivas da próxima tempada deportiva

Mediante este trámite poderá solicitar a reserva dun espazo deportivo programado para a próxima Tempada deportiva, e ter unha reserva de instalación do 1 de outubro do ano en curso ata o 31 Maio do ano seguinte.

A quen está dirixido

Dirixido ás entidades deportivas e persoas físicas.

Lexislación relacionada: Procedemento de reserva de instalacións deportivas tempada aprobado en Xunta rectora do IMD o 22 Xullo de 2013 .

Como facelo

Por Internet

Enviando a documentación requirida a través do rexistro xeral do Concello "tramitar por internet - tramitación electrónica".




Prazos

O periodo para a solicitude das reservas e dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto de cada ano.

Documentación requirida

Observacións

- A entidade poderá consultar a partir do 20 de setembro na oficina de programación os horarios concedidos, ou a través do correo programaciondeportes@vigo.org

- Unha vez concedida a instalación e o horario, o/a responsable da entidade deberá comprobar os detalles da reserva, descontos e prazos de pago, e asinar dixitalmente o documento de reserva de tempada deportiva a través da carpeta cidadá na sede electrónica do Concello de Vigo.

- Unha vez asinado dixitalmente o contrato de tempada deberase realizar o pago correspondente a través do medio elixido.

Oficinas

  • Servizo Municipal dos Deportes Avda. de Castrelos 1

    Horario: De 8:30 a 13:00 horas do 1 de Xuño ata o 31 de Agosto.
    De 9:00 a 14:30 horas o resto do ano.

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información