Baixa da domiciliación de impostos e taxas

Este trámite permite anular a domiciliación na conta bancaria do pago dos recibos que se indiquen.

Os tipo de recibos dos que pode anular a domiciliación son os seguintes: Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), Recollida de Lixo Vivendas, Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), Exaccións Unificadas Industriais (EUI) e Imposto de Actividades Económicas (IAE)

A domiciliación bancaria supón o cargo, o último día do período voluntario, na conta indicada polo contribuínte, do importe do recibo emitido anualmente, polo que coa anulación da domiciliación debe realizar o pago dos seus recibos no prazo fixado no calendario do contribuínte que figura na carta de pago que se lle enviará ao seu domicilio de notificaciones por correo ordinario.

A quen está dirixido

Ás persoas que realizaran a domiciliación do pago do recibo, sexa ou non o suxeito pasivo obrigado ao pago do tributo.


Como facelo

Por Internet

Dende a Carpeta do Cidadán ten acceso a tódolos seus recibos e pode facer a anulación de domiciliación de forma sinxela.



Presencialmente

Pode presentar no Rexistro do Concello, sen prexuízo de poder facelo en calquera outro rexistro habilitado pola normativa vixente, o impreso de solicitude, o cal estará a súa disposición na oficina de información do Concello e nesta páxina web. No caso de que non empregue o modelo normalizado se inadmitirá a súa solicitude.


Documentación requirida

Oficinas

  • Tesorería Municipal - Recaudación Voluntaria Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Pranta Baixa 36202 - Vigo
    Teléfono: 986 810 133
    Email: ofi.voluntaria@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información