"O Programa de coidadores de barrio do Servizo de Benestar Social" é un servizo que, con carácter voluntario, presta o Concello de Vigo coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas en situación de vulnerabilidade por distintas razóns (enfermidade, mobilidade, saúde mental, etc.); en especial das persoas maiores con dificultades para realizar de forma autónoma as súas actividades na rúa, facilitándolles a integración no seu contorno, evitando o risco de exclusión social e as indesexadas situacións de reclusión na propia vivenda.
O financiamento deste Programa realizarase con cargo ós orzamentos do Concello de Vigo, sendo totalmente gratuito para as persoas usuarias do mesmo.
O horario de prestación dos servizos dos coidadores de barrio será, durante todo o ano, de luns a venres e en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 14:30 horas e de 15 a 20 horas.
Poderán ser beneficiarias persoas empadroadas en Vigo,en situación ou risco de vulnerabilidade (en especial, as persoas maiores) que teñan dificultades, físicas ou psíquicas, para levar a cabo por sí mesmas algunha/s das súas actividades cotiás fóra da casa, (nos termos que se establecen no Regulamento), contribuíndo ó seu benestar e evitando as posibles situacións de aillamento e mesmo de reclusión no fogar.
Requisitos para o acceso:
a) Persoas empadroadas no Concello de Vigo.
b) Presentar a correspondente solicitude
c) Informe de valoración profesional acreditativo da idoneidade do recurso.
d) Aceptación voluntaria do servizo por parte da persoa usuaria ou do/a representante legal.
Para poder rexistrar documentos no Rexistro Xeral a través de Internet coa mesma validez que presencialmente hai que estar rexistrado previamente na Carpeta do Cidadán.
Na Carpeta do Cidadán na sección de Expedientes e Documentos atopará o formulario de rexistro en liña onde poderá adxuntar documentos de texto, imaxe ou planos xunto coa solicitude.
No caso de querer achegar documentación asinada, debe ter en conta que, para a presentación telemática, só terá validez a documentación asinada electrónicamente e non a documentación escaneada asinada a man.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Os/as solicitantes das axudas presentarán as súas solicitudes a través do Rexistro xeral municipal ou por calquera dos medios previstos no Art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).
Poderan presentarse as solicitudes durante todo o ano.
Obxectivos de atención ás persoas:
Os principais obxectivos deste servizo, en relación coas persoas destinatarias son:
1. Prestar un servizo á cidadanía de Vigo máis vulnerable e con maiores dificultades de inclusión por razóns de idade, limitacións de mobilidade, discapacidades, carencia de rede familiar e/ou social, etc., a fin de que poidan realizar unha vida o máis normalizada posible, saír do seu aillamento e ampliar a súa rede social.
2. Garantir a protección dos dereitos das persoas maiores.
3. Promover o desenvolvemento dunha existencia digna e autónoma no medio habitual da persoa e en todos os ámbitos da vida, en condicións de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal.
Obxectivos de inserción socio-laboral
Incorporar ó mercado laboral a persoas para que se convirtan en axentes activos do seu propio proceso de empregabilidade. As persoas contratadas como coidadoras e coidadores de barrio deberán pertencer ós colectivos de persoas en situación ou risco de exclusión social con especiais dificultades para acceder ó emprego
Tipos de intervencións
Diferéncianse dous tipos principais de intervención :
a) Acompañamentos ás persoas usuarias, que inclúe:
• Recados (Farmacia, compra de alimentos etc.)
• Paseos
• Acompañamentos periódicos (Médicos, SS.SS, actividades lúdicas, etc)
• Trámites administrativos
• Actividades de ocio e tempo libre
• Outros
b)Rexistro de incidencias no espazo público que afecten á prestación do servizo e información á veciñanza:
• Rúa.
• Alumeado.
• Pavimento.
• Limpeza.
• Outras incidencias.
• Información a veciños/as
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).