Alta no sistema de identificación e sinatura electrónica: Firma Móbil Segura PIN-SMS.

Este trámite permite solicitar o alta para ter acceso ao servizo persoalizado de autenticación e firma da Carpeta do Cidadán.

A quen está dirixido

Como facelo

Por Internet

Para obter un PIN de acceso á consulta debe cumplimentar a solicitude de acceso.

Unha vez rematada a solicitude deberá solicitar cita previa (

seleccionar Concello de Vigo -> Cartafol cidadá ) para que se lle entregue o contrasinal xerado na oficina de Información do Concello ou no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo presentando a documentación de identificación.



Documentación requirida

  • Persoas físicas
    • DNI (orixinal)
  • Empresas
    • Orixinal do poder notarial e fotocopia do DNI da persoa apoderada
    • Tarxeta de identificación fiscal
    • Autorización da persoa apoderada á persoa que recolle o PIN
    • DNI orixinal da persoa que recolle o PIN
  • Entidades e asociacións
    • Orixinal da acta de constitución ou documento equivalente a valorar pola Oficina de asistencia no Rexistro e Información
    • Tarxeta de identificación fiscal
    • Nomeamento da presidencia
    • Autorización e fotocopia do DNI do presidente á persoa que recolle o PIN
    • DNI orixinal da persoa que recolle o PIN

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información